Saltar ao contido

Soiuz TM-21

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TM-21
Parche da misión Soiuz TM-21.
TipoTripulada
Data de lanzamento14 de marzo de 1995, 6:11 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión181,03 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso11 de setembro de 1995, 6:52 GMT[1][6]
NSSDC ID1995-010A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Soiuz TM-21 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de marzo de 1995 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TM-21, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Vladimir Dezhurov, Gennadi Strekalov e Norman Thagard (o primeiro estadounidense en viaxar nunha Soiuz ) a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

A misión coincidiu co acoplamento do transbordador espacial Atlantis á Mir. Coa chegada da Soiuz TM-21 a poboación conxunta da Mir e do transbordador chegou aos 13 habitantes, a maior reunión de xente no espazo por primeira vez na historia: Dezhurov, Strekalov, Thagard na Soiuz ; Viktorenko, Kondakova e Polyakov na Mir; e Oswald, Gregory, Lawrence, Jernigan, Grunsfeld, Parise e Durrance no Atlantis.[2][3][4][5]

A Soiuz regresou a terra o 11 de setembro de 1995 ás 6:52 GMT, tocando terra a uns 108 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 30 June 1995 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56146T). 20 de xullo de 1995: 3. Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-21" (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2017.