Soiuz TM-20
Soyuz TM-20 | |
---|---|
Parche da misión Soiuz TM-20. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 3 de outubro de 1994, 22:42 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 169,22 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 22 de marzo de 1995, 4:04 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1994-063A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de outubro de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TM-20, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Elena Kondakova (a terceira muller rusa no espazo e a primeira nunha misión de longa duración), Ulf Merbold (da Axencia Espacial Europea) e Alexander Viktorenko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]
A tripulación probou o sistema de acoplamento automático Kurs desacoplando a Soiuz , alonxándoa uns centos de metros e deixando que se volvera a acoplar automaticamente, con éxito. O sistema fallara durante a chegada da Progress M-24. Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-25.[2][3][4][5]
A Soiuz regresou a terra o 22 de marzo de 1995 ás 4:04 GMT, tocando terra a uns 22 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 17 March 1995 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-52462). 23 de marzo de 1995: 4. Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.