Saltar ao contido

Soiuz MS-09

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-09
A Soiuz MS-09 acoplada ao módulo Rassvet.
TipoTripulada
Data de lanzamento6 de xuño de 2018[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6][5]
Regreso20 de decembro de 2018[1][5]
NSSDC ID2018-051A

Soiuz MS-09 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 6 de xuño de 2018 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-09, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Prokopiev, Alexander Gerst e Serena Auñón-Chancellor a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación dous días despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 56, Oleg Artemiev, Andrew J. Feustel e Ricky Arnold. Despois da marcha da Soiuz MS-08 comezou oficialmente a Expedición 57 cos membros da Soiuz MS-09. Durante a noite do 29 ao 39 de agosto detectouse unha leve caída na presión da atmosfera da estación, duns 0,8 milibares por hora. A causa resultou ser un pequeno burato na Soiuz MS-09 de orixe descoñecida que se selou primeiro temporalmente con cinta e logo cun preparado de epoxi. Para investigalo, Kononenko e Prokopiev fixeron unha excursión extravehicular para cortar o illamento térmico na zona do burato e apartar o escudo antimeteoritos de aluminio.

O burato máis pequeno foi o causante da perda de presión na ISS.

Tras especular con varias causas, como o impacto dun micrometeorito ou a fatiga de material, determinouse que a causa estivo no proceso de construción da cápsula, no que un operario taladrou por erro o burato, selandoo con pegamento e permitindo que a cápsula pasara as probas de presión en terra antes do lanzamento. Unha vez no espazo, o pegamento aguantou os dous primeiros meses para logo, aparentemente, desprenderse do burato e producir a perda de presión.[7] Os enxeñeiros consideraron que unha vez selado o burato con epoxi, a cápsula era segura para o regreso. Despois dun atraso de máis dunha semana sobre a data prevista debida ao aborto do lanzamento da Soiuz MS-10, e tras 197 días en órbita, a Soiuz MS-09 desacoplouse do módulo Rassvet o 20 de decembro de 2018. Unhas horas máis tarde aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][6]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-09" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-09" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 17 July 2018 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (18-05470 (E)). 14 de agosto de 2018: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2024). "Soyuz MS-09" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-09 arrives at ISS" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  7. Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Unexplained hole aboard Soyuz puzzles crew, stirs up wild theories" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]