Sluck
Слуцк (be) Слуцак (be-tarask) | ||||
Epónimo | Sluch River (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Belarús | |||
Regiões da Bielorrússia (pt) | Rexión de Minsk | |||
District of Belarus (en) | Sluck District (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 60.056 (2024) (2.441,3 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 24,6 km² | |||
Altitude | 250 m-149 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 223610 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 1795 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | slutsk.gov.by… |
Sluck (en belaruso: Слуцк; en ruso: Слуцк; en polaco: Słuck, en lituano: Sluckas) é unha vila de Belarús situada á beira do río Sluč, a 105 km ao sur de Minsk. En 2010 a súa poboación era de 61.400 habitantes. A vila é o centro administrativo do distrito homónimo, pertencente á rexión de Minsk.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras mencións da vila datan de 1116, cando era parte do ducado de Turaŭ e Pinsk, mais en 1160 pasou a ser a capital dun ducado separado. A partir dos comezos do século XIV pasou a pertencer ao Gran Ducado de Lituania, e o seu territorio estaba controlado polas familias Olelkovich e Radziwiłł, que fixeron da vila un centro da Igrexa reformada polaca.
Logo da segunda partición de Polonia en 1793, a vila pasou a formar parte do Imperio Ruso. Foi ocupada polo Imperio Alemán en 1918 e pola Segunda República de Polonia entre 1919 e 1920 durante a guerra polaco-soviética.