Saltar ao contido

SkySat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

SkySat é unha constelación de satélites artificiais comerciais para observación terrestre en alta resolución desde órbitas polares.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Os dous primeiros prototipos, SkySat 1 e 2, foron lanzados en 2013 e 2014 a bordo dun foguete Dnepr e dun Soiuz-2-1b Fregat. Tiñan unha masa de 83 kg, non tiñan propulsión e foron construídos por Skybox Imaging. Cada un levaba a bordo un telescopio tipo Ritchey-Chretien cunha distancia focal de 3,6 m e tres detectores CMOS de 5,5 Mpixel, conseguindo unha resolución duns 1,1 m.[1][2][3]

Os satélites operativos teñen maior masa, uns 120 kg, propulsión e unha resolución maior que os prototipos. Lanzáronse 19 satélites SkySat operativos a bordo de variedade de foguetes, como o PSLV-XL, o Vega, o Minotaur C e o Falcon 9.

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "SkySat" (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SkySat 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SkySat 3, ..., 21 (SkySat C1, ..., 19)" (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]