Skol
Skol | |
---|---|
Tipo | marca de cervexa |
Data de fundación | 1959 |
Na rede | |
http://www.skol.com.br/ e https://www.skolafrica.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Skol é unha marca de cervexa de propiedade da empresa dinamarquesa Carlsberg, antigamente comercializada en Galiza, mais que agora se comercializa exclusivamente no mercado brasileiro, onde é líder.
O nome procede do termo sueco skål, usado para brindar. Durante un tempo, a cervexa usou como imaxe de promoción o personaxe de cómic de Hägar the Horrible, creado por Dik Browne.
Historia
[editar | editar a fonte]A cervexa Skol Pilsen foi presentada no mercado o 25 de agosto de 1964 en Europa. O nome correspóndese coa transcrición fónica de skål, palabra danesa que significa "á túa saúde" no contexto dos brindes. A súa historia estivo marcada polos adiantos técnicos e de deseño: en 1971 lanzou a primeira lata e en 1979 foi a primeira marca en fabricar as latas en aluminio. A marca desapareceu de Europa entre as décadas de 1980 e 1990.
Chegou a Brasil no ano 1967 e na actualidade é a cervexa máis vendida naquel país. É un dos maiores patrocinadores de eventos e mantén no mercado cervexas tipo pilsen, de barril e cervexa con limón, producidas todas elas pola firma AmBev. Como marca, Skol é a cuarta máis valiosa do Brasil.
En 1970 a cervexa Skol comezou a producirse na fábrica da Barxa, situada na rúa García Barbón de Vigo. Era propiedade da firma española Unión Cervecera, e foi pechada en 1989.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rolland, Eduardo (9/2/2014). "25 años sin cerveza viguesa". La Voz de Galicia (en castelán).