Sixeberto II
Nome orixinal | (la) Sigibertus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 602 valor descoñecido |
Morte | 10 de outubro de 613 (10/11 anos) valor descoñecido |
Rei dos francos | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos francos (613–613) Rei dos francos (613–613) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Pai | Teodorico II, Rei franco |
Irmáns | Childeberto Corbo Meroveo |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Sixeberto II, nado no 602 e finado no 613, foi rei de Austrasia e Borgoña. Fillo bastardo do rei Teodorico II, herdou o trono trala morte deste. Brunequilda exerce de novo a rexencia apoiada polos Mordomos de Palacio. Perseguindo a súa vinganza Brunequilda, apoiada por Teodorico II, para asegurar os ingresos fiscais, fixo revisar o catastro e preparou unha reforma de impostos; repara as fortalezas e leva a cabo unha reforma militar.
Fai executar a grandes aristócratas, buscando Brunequilda romper a tradición franca e impoñer o dereito de primoxenitura nos dereitos reais.
O Mordomo de Palacio Warnacario, apoiado por Pipino de Landen e Arnuldo, termina aliándose con Clotario II, rei de Neustria. Cando Clotario II lanza un ataque contra Austrasia, Brunequilda foi traizoada por Warnacario e polo exército austrasiano que, dirixido polos aristócratas, se nega a loitar. Clotario II derrota facilmente a Brunequilda no ano 613. Vencedor desta longa e sanguenta vinganza, fixo prisioneira a Brunequilda en Orbes. Acúsaa de múltiples rexicidios, mándaa torturar durante tres días e mátaa atándoa a un cabalo lanzado ao galope. Tamén executa a Sixeberto II, así como ao seu irmán Corbo.