Sitio de Lovech
Asedio de Lovech | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Plano da fortaleza de Lovech. | |||||||
| |||||||
Belligerents | |||||||
Imperio Bizantino | |||||||
Comandantes e líderes | |||||||
Descoñecido |
O asedio de Lovech (búlgaro: Обсада на Ловеч, romanizado: Obsada na Lovech) tivo lugar na primavera de 1187 entre as forzas de Bulgaria e o Imperio Bizantino. O sitio, que se prolongou durante tres meses, resultou en vitoria búlgara.
Orixes do conflito
[editar | editar a fonte]En 1185, os irmáns Asen e Peter liderou unha sublevación contra o bizantinos para restaurar o Imperio Búlgaro. A rexión enteira de Moesia, exceptuando Varna, foi rapidamente liberada e os irmáns comenzaron a atacar as gornicións bizantinas ao sur dos Montes Balcáns. A táctica búlgara incluía movementos e asaltos rápidos, polo que os bizantinos eran incapaces de alcanzalos.
Para revertir a situación, o emperador bizantino, Isaac II Anxo, decidiu trasladar o escenario de guerra ó norte de Bulgaria, directamente ao núcleo do poder rebelde arredor de Tarnovo.
O asedio
[editar | editar a fonte]A finais do outono de 1186 o exército bizantino marchou cara ao norte por Sredets (actual Sofía) nunha campaña proxectada para sorprender os búlgaros. Porén, as duras condicións meteorolóxicas e a pronta chegada do inverno obrigaron aos bizantinos a aprazaren as operacións, e o seu exército tivo que ficar en Sredets durante todo o inverno.
Na primavera do ano seguinte a campaña foi reanudada, mais o elemento sorpresa estaba xa perdido e os búlgaros tomaran medidas para bloquexar o camiño á súa capital, Tarnovo. Porén, os bizantinos asediaron a fortaleza de Lovech. O asedio durou tres meses, e resultou nun completo fracaso. O único éxito que os bizantinos acadaron durante o mesmo foi a captura da muller de Asen nunha emboscada, mais Isaac foi forzado a aceptar unha tregua, recoñecendo así de facto a restauración do Imperio búlgaro.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Segundo o tratado, o máis novo dos irmáns de Asen, Kaloyan, foi enviado coma refén a Constantinopla para garantir a paz, mentres que a muller de Asen foi liberada. Emporiso, o historiador Nicetas Coniates anotou que a situación devira mesmo máis complicadao para oos bizantinos porque pouco despois os búlgaros de Macedonia rebeláronse so o comando de Dobromir Crysós.
A paz durou até 1189, cando a causa da intención dos búlgaros de apoiaren a Terceira Cruzada contra os bizantinos, Isaac II Anxo lanzou outra campaña e sofreu unha gran derrota na Batalla de Triavna.
Fontes
[editar | editar a fonte]- Йордан Андреев, Милчо Лалков, Българските ханове и царе, Велико Търново, 1996.