Sistema sensorial
O sistema sensorial é parte do sistema nervioso responsábel de procesar a información sensorial. O sistema sensorial está formado por receptores sensoriais e partes do cerebro involucradas na recepción sensorial. Os principais sistemas sensoriais son: a vista, o oído, o tacto, o gusto e o olfacto. O campo receptivo é a parte específica do mundo á que un órgano e unhas determinadas células do receptor responden. Por exemplo, o campo receptivo dun ollo é a parte do mundo que este pode ver.[1][2]
Existe consenso na comunidade científica que os seres humanos posúen moitos máis dos cinco sentidos. Non hai, con todo, acordo no número[3], pois iso depende da definición non moi sólida do que constitúe un sentido. Porén, sábese que a especie humana tamén dispón doutros sentidos que, entre outros, contribúen a manter o equilibrio ou transmiten información sobre o interior do propio corpo.[4]
Estímulos
[editar | editar a fonte]Cada estímulo ten catro aspectos: tipo (modalidade), intensidade, localización e duración. O tempo de chegada dun pulso de son e as diferenzas de fase utilízanse para localizar unha fonte sonora. Certos receptores son sensibles a certos tipos de estímulos (por exemplo, diversos mecanoreceptores respostan mellor a diversas clases de estímulos táctiles, como obxectos cortantes e contundentes). Os receptores envían impulsos seguindo certos patróns para enviar a información sobre a intensidade dun estímulo (por exemplo, un son ruidoso). A localización do receptor será a que dará a información ao cerebro sobre a localización do estímulo (estimular un mecanoreceptor nun dedo enviará a información ao cerebro sobre ese dedo). A duración do estímulo (canto tempo dura) é transportada ata os receptores. Estes impulsos transmítense ao cerebro a través das neuronas aferentes.
Órganos sensoriais segundo o estímulo que detectan
[editar | editar a fonte]Luz
[editar | editar a fonte]As ondas electromagnéticas detectables cos ollos son denominadas luz. Algúns animais son capaços de detectar a luz ultravioleta, que ten unha lonxitude de onda máis curta. Algúns animais poden detectar os infravermellos como unha "luz" mediante o ollos ou órganos especiais.
- Luz ultravioleta: moitos insectos, algúns réptiles e paxaros, peixes das profundidades (ollos)
- Luz visible: lonxitudes de onda dende 380 nm (violeta) até 760 nm (vermello) → sentido da vista
- Luz infravermella: algúns peixes de auga doce poden detectala cos ollos.
Estímulos: fontes lumínicas. Estruturas receptoras: retina con bastóns e conos.
Sons
[editar | editar a fonte]- Ultrasons: lonxitude de onda de ~20 kHz (17,5 mm) – 200 kHz (1,7 mm) → As orellas de certos animais como os morcegos e os golfiños.
- Sons audibles: 16–20000 Hz → as orellas (sentit do oído) dos humanos.
- Infrasons: 16–0 Hz → as orellas de determinados animais como os elefantes e os mouchos, e unha baixa transmisión ó tacto.
- Oscilacións → receptores táctiles da pel (tacto) ou pelos táctiles e receptores de vibracións nos insectos e nas arañas.
Temperatura
[editar | editar a fonte]- Raios infravermellos/calor: lonxitude de onda de 750 nm-0,01 mm → receptores da calor e o frío da pel (termorecepción); nas cobras, as fosetas loreais[5][6][7]
Presión e movemento
[editar | editar a fonte]- Presió → Receptores táciles da pel (tacto).
- Contacto → Receptores táctiles da pel (tacto).
- Presión e movemento da auga → liña lateral dos peixes.[8]
- Movemento → Aparello vestibular do oído interno (sentido do equilibrio).
- Posición das partes do corpo → Receptores dos músculos e articulacións (órgano tendinoso de Golgi, fuso neuromuscular) e o órgano cordotonal nos insectos.
Sistema sensorial
[editar | editar a fonte]Célula receptora
[editar | editar a fonte]Unha célula receptora sensitiva está especializada en transformar a enerxía do estímulo nun sinal nervioso. Pode ser unha neurona ou outra célula que excita unha neurona sensorial por medio dunha comunicación sináptica. Estas células están especializadas en detectar unha única clase de estímulo.
Un estímulo é unha forma de enerxía proveniente do exterior capaz de espertar unha resposta sensitiva. Este tipo de enerxía pode ser de diversos tipos, xa sexa química (quimiorreceptores), mecánica (mecanorreceptores) ou electromagnética (fotorreceptores).
As células receptoras sensitivas forman en organismos pluricelulares distintos tecidos que se organizan en órganos sensitivos. Poden dividirse en dous grandes grupos: os interorreceptores e os exterorreceptores. Os primeiros responden a estímulos no interior do organismo e os segundos responden a estímulos externos e alleos. Existen ademais os chamados propioceptores, que detectan a postura e a posición do corpo.
Órganos sensitivos
[editar | editar a fonte]Son estruturas especializadas na recepción dun tipo de enerxía específica. Conteñen receptores similares e tecido non nervioso. Dise que os órganos dos sentidos posúen "modalidade sensitiva" e "calidade sensitiva". A modalidade fai referencia aos distintos estímulos que somos capaces de detectar (luz, son, olor, gusto etc.) e a calidade, dentro dunha estimulación, de diferenciar patróns (luz: distintas cores; olor: distintos olores etc.).
Información sensitiva
[editar | editar a fonte]A información sensitiva viaxa en forma de potenciais de acción de igual amplitude mais de frecuencia variábel e só son discriminadas no cerebro. O cerebro non determina o tipo de estímulo porque todos chegan como potenciais de acción, senón a través de onde chegou o potencial. Calquera actividade que chegue dos fotorreceptores decodificarase no centro da visión como luz; se, por algún motivo, chegase ao centro do oído, interpretaríase como son.
Para evitar "malas interpretacións", os órganos sensitivos están equipados con sistemas que illan os seus receptores do contacto con outro tipo de enerxía estimulante. Así, cando se recibe un golpe nun ollo, vense estrelas.
Conversión de enerxía nun sinal eléctrico
[editar | editar a fonte]Consta de cinco pasos:
- Absorción: Debe absorberse a enerxía estimulante.
- Transdución: A enerxía debe converterse nun evento eléctrico.
- Amplificación: Un estímulo moi feble pode desencadear un potencial de acción intenso.
- Integración e diseminación: O potencial debe propagarse cara ao sitio onde se inicia o impulso. Os potenciais do receptor iniciados en distintos sitios da célula receptora poden sumarse e xerar un maior impulso
- Codificación e transmisión: Os receptores converten o estímulo nunha serie de potenciais de acción que achegan información sobre a intensidade e propiedades temporais do estímulo.
Potencial dos receptores
[editar | editar a fonte]Prodúcese ante a despolarización graduada dun receptor en resposta a un estímulo. Propáganse en forma pasiva dende as dendritas, pasando polo soma, ata o segmento inicial do axón. Neste último lugar desencadea, por xerar unha despolarización capaz de acadar o límite, a apertura de canles de sodio dependentes de voltaxe que xerarán un potencial de acción.
Sistema sensorial humano
[editar | editar a fonte]O sistema sensorial humano consiste nos seguintes subsistemas:
- Sistema visual, que consiste nas células fotorreceptoras, nervio óptico e V1
- Sisteama auditivo
- Sistema somatosensorial, composte por receptores, transmisores que levan ao S1, e S1 que experimenta as sensacións coñecidas como tacto ou presión, temperatura (quente ou frío), dor (incluído o proído), e as sensacións de movemento muscular e posición e as expresións faciais.
- Sistema gustativo
- Sistema olfactivo
- Sistema vestibular
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kolb & Whishaw: Fundamentals of Human Neuropsychology (2003)
- ↑ Krantz, John. "Experiencing Sensation and Perception - Chapter 1: What is Sensation and Perception?" (Pdf). p. 1.6. Consultado o 16 de maio de 2013.
- ↑ Extra Sensory Perceptions Arquivado 11 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Jessica Cerretani (2010), Harvard Medicine
- ↑ Bruce Durie (29 de xaneiro de 2005). New Scientist, ed. "Senses special: Doors of perception" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2009.
- ↑ Krochmal AR, Bakken GS, LaDuc TJ. 1994. Heat in evolution’s kitchen: evolutionary perspectives on the function and origin of the facial pit of pitvipers (Viperidae:Crotalinae). The Journal of Experimental Biology 207: 4231-4238.
- ↑ Greene HW. 1992. The ecological and behavioral context for pitviper evolution. In Campbell J. A., Brodie ED Jr. 1992. Biology of the Pitvipers. Texas: Selva. 467 pp. 17 plates. ISBN 0-9630537-0-1.
- ↑ Kardong KV, Mackessy SP. 1991. The strike behavior of a congenitally blind rattlesnake. Journal of Herpetology 25: 208-211.
- ↑ Popper, A. N. & Platt, C. (1993). "Inner ear and lateral line". The Physiology of Fishes (1a ed. ed.). CRC Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sistema sensorial |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Text Book of Medical Physiology, Guyton & Hall, 11th edition - Elsevier Ltda. 2006