Saltar ao contido

Sistema APG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a versión máis actualizada (2003) da clasificación filoxenética das anxiospermas segundo o APG vexa: Sistema de clasificación APG II.

O Sistema de clasificación APG é un moderno sistema de clasificación das anxiospermas publicado en 1998 polo Grupo para a Filoxenia das Anxiospermas (acrónimo APG, do inglés Angiosperm Phylogeny Group) como: An ordinal classification for the families of flowering plants en Annals of the Missouri Botanical Garden, 85:531-553.

Esta primaria clasificación filoxenética foi superada polo Sistema de clasificación APG II, unha actualización publicada en 2003 (e con constantes revisións). Por tanto o que segue ten só valor histórico.

O sistema é infrecuente por estar baseado -sen evidencia completa- no análise cladístico das secuencias do ADN de tres xenes: dous cloroplásticos e un ribosomal. A pesar de que a clasificación se apoia só na evidencia molecular (xenética), os seus grupos constituíntes (clados) tamén proban ser consistentes con outras evidencias non moleculares (por exemplo, a morfoloxía do pole sustenta a separación entre as eudicotiledóneas do resto das dicotiledóneas).

O sistema é algo controvertido nas súas decisións con respecto aos taxons ao nivel familiar, pois fracciona algunhas familias establecidas de outrora, e fusiona certa cantidade doutras familias que se consideraban sen relación algunha.

A clasificación proposta polo APG, caracterízase por non usar plenamente a nomenclatura oficial, xa que non asigna nomes botánicos por encima da categoría taxonómica de orde. Isto implica, que a orde é a categoría máis alta con nome botánico formal (i.e., segundo o Código Internacional de Nomenclatura Botánica). Os grupos xerárquicamente superiores defínense xa non como taxons, senón como clados, pois están entendidos como grupos monofiléticos, e levan nomes tales como: monocotiledóneas, eudicotiledóneas... (inspirados na nomenclatura de taxones preexistentes).

Clados no Sistema APG

[editar | editar a fonte]

Os grupos principais (clados) que se situaron no sistema, todos sen categorizar taxonómicamente, son: anxiospermass, monocotiledóneas, commelinoids, eudicotiledóneas. Esquematicamente (cladograma):

Clados, ordes e familias

[editar | editar a fonte]

O sistema APG recoñece 462 familias e 40 ordes, asignados como seguen. Nos comezos de cada listaxe, algunhas familias ou ordes non están inscriptas nun posterior clado:

Nota: " ..." = segrega a familia horzontal, que pode unirse da escaleira procenete á familia.

Referencia

[editar | editar a fonte]
  • APG. 1998. "Clasificación ordinal das familias de plantas con flores." Journal Anais do Missouri Botanical Garden, vol. 85; p. 531?553

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]