Sinus Amoris
O Sinus Amoris ("Baía do Amor" en latín) esténdese ao norte do extremo nordeste do Mare Tranquillitatis. Está localizado nas coordenadas selenográficas 19.92° N de latitude e 37.29° E de lonxitude, aínda que ao tratarse dun elemento de forma irregular e límites non moi precisos, as coordenadas do seu punto central e do seu diámetro poden variar entre distintas fontes.[1] O seu diámetro envolvente é duns 189 km. Ao norte da baía áchanse os accidentados cumes dos Montes Taurus.
Preto do límite sur da baía, onde se une co Mare Tranquillitatis, sitúase o cráter Theophrastus. No seu lado occidental aparecen o cráter alagado de lava Maraldi e o Mons Maraldi. Limítrofe co lado leste da baía aparecen os cráteres Carmichael e Hill. A parte central da baía inclúe algunhas cristas baixas, aínda que en xeral o seu perfil é considerablemente chairo e está libre doutros trazos significativos.
Na saída da baía cara ao sur, onde únese ao Mare Tranquilitatis, aparece o Mons Esam, unha elevación menor situada entre varios domos lunares pequenos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Antonín Rükl: Mond, Mars, Venus. Taschenatlas der erdnächsten Himmelskörper. Artaria-Verlag, Praga 1977, páx. 138-141
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Referencia UAI do Sinus Amoris
- Full Moon Atlas (interaktiv)Arquivado 17 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- The-moon.wikispaces.com: Sinus Amoris Arquivado 30 de maio de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)