Simon e Simon
Simon e Simon | |
---|---|
Formato | Acción, Drama |
Creado por | Philip DeGuere |
Intérpretes | Gerald McRaney Jameson Parker Mary Carver Eddie Barth Jeannie Wilson Tim Reid Joan McMurtrey |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 156 |
Produción | |
Duración | 60 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Primeiro episodio | 24 de novembro de 1981 |
Derradeiro episodio | 31 de decembro de 1988 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Simon e Simon (Simon & Simon) era o nome dunha serie de detectives norteamericana protagonizada por Gerald McRaney e Jameson Parker. No 1978 fíxose o episodio piloto en Florida baixo o título de Pirate's Key, pero inmediatamente a CBS levaría a rodaxe a San Diego (California) onde permanecería durante os sete anos que estivo no aire na CBS.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie xira arredor de dous irmáns completamente opostos: Rick (McRaney) e A.J. (por "Andrew Jackson") Simon (Parker). Rick era un veterano da guerra de Vietnam, polo que tiña moita máis rodaxe nas rúas ca seu irmán, A.J., que foi á escola de dereito e tiña unha aparencia máis intelectual. Rick prefería cousas que eran vistas polo seu irmán como de baixo nivel, como a súa vella camioneta, mentres A.J. coidaba o seu diñeiro para a súa maior paixón, un Chevrolet Bel Air convertible do 1957, e máis tarde un Chevrolet Camaro Z28). Rick vivía nun barco. A.J. prefería intentar facer primeiro as cousas segundo as normas, mentres Rick era máis de espírito libre, facendo a xustiza pola súa conta. Así a todo, os dous comezaron unha aventura xuntos montando unha axencia de detectives.
A piques estivo de ser suspendida a rodaxe en 1982, xa que tiñan en mente a nova serie Magnum, pero os éxitos de audiencia fixeron posible a convivencia das dúas emisións durante anos, e mesmo cruzaron as series nun episodio de cada unha.
Elenco de actores
[editar | editar a fonte]- Richard "Rick" Simon - Gerald McRaney
- Andrew Jackson "A.J." Simon - Jameson Parker
- Cecilia Simon - Mary Carver (súa nai)
- Myron Fowler - Eddie Barth (episodios 1-36) (ex-xefe de A.J.)
- Janet Fowler - Jeannie Wilson (episodios 1-43) (ex-moza de A.J.)
- Tte. Marcel Prust "Downtown" Brown - Tim Reid (episodios 43-127)
- Tte. Abigail Marsh - Joan McMurtrey (episodios 128-156)
Emisións
[editar | editar a fonte]- Estados Unidos: CBS
- Galicia: TVG
- País Vasco: ETB1
- Cataluña: TV3
- Suecia: Sveriges Television
- Alemaña: ARD, Super RTL, Das Vierte
- Estados Unidos: Sleuth Channel (reposición)
- Canadá: Deja View (reposición)
Simon & Simon: In Trouble Again (1995)
[editar | editar a fonte]Esta secuela estreouse o 23 de febreiro de 1995. Pasan algúns anos e A.J., agora casado, traballa en Seattle como avogado. Rick visítao facendo un alto na súa ruta cara á entrega dun luxoso iate. O problema vén cando o iate é secuestrado, con mamá Cecilia a bordo.
DVD
[editar | editar a fonte]A primeira tempada existe en formato DVD desde outubro do 2006.[1]