Saltar ao contido

Simón Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Simón Casal de Miguel»)
Modelo:BiografíaSimón Casal
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor en Wikidata

Páxina websimoncasal.es… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1964584 Twitter: simoncasal LinkedIn: simón-casal-de-miguel-b859121b Vimeo: simoncasal Editar o valor en Wikidata

Simón Casal, nado na Coruña en 1984,[1] é un cineasta galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na súa carreira profesional traballou como guionista, director e produtor. En 2016 realizou a súa primeira longametraxe como director, Lobos sucios, unha historia ambientada nas minas de volframio en Galicia durante a segunda guerra mundial.

Tamén traballou no campo do documental en pezas como The Gourougou Trial,[2] no que aborda a historia dun xuízo internacional no Tribunal de Estrasburgo que enfrontou dous migrantes africanos e ao Estado español, e no que se dirimía a legalidade das devolucións en quente en Melilla, que continúan producíndose a día de hoxe. En 2024 dirixiu Justicia artificial, documental escrito xunto ao filósofo Miguel Penas sobre a posibilidade de que se implementen tecnoloxías de intelixencia artificial na administración de xustiza.

  1. "Simón Casal, director de «Justicia artificial»: «La gente sale encendida del cine, con ganas de discusión»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-09-13. Consultado o 2024-09-14. 
  2. Casais, Marta (2024-09-14). "El universo gallego de Simón Casal". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-09-14. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]