Silva (apelido)
Silva (coas variantes: da Silva e D'Silva) é un apelido galego-portugués, que ten a súa orixe na "Torre e Honra de Silva" xunto á cidade de Valença, hoxe pertencente ao norte de Portugal. Ten unha orixe toponímica, deriva directamente da palabra galega/portuguesa: silva (planta rubideira que dá as amoras) ou da latina silva, que significa selva, foresta ou bosque.
É o apelido máis presente na onomástica portuguesa, sendo que en todo o mundo o seu uso é máis frecuente entre os habitantes de Portugal[1][2][3], Brasil[4][5] e en todos os países onde se fala portugués. En Italia é específico da zona que vai do Comasco ao Parmense pasando polo milanese, o pavese e o piacentino. En Galicia é moi frecuente (coa variante: Da Silva). Do antigo Reino de Galicia pasou coa reconquista ao sur de Portugal e a diferentes zonas de España. Coa emigración pasa a diferentes países latinoamericanos, sendo moi común en Chile entre outros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Saiba quais são vos 3 sobrenomes mais comuns em 64 diferentes países". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ "© 2005 SOCIEDADE PORTUGUESA DE INFORMAÇÃO ECONÓMICA S.A. - SPIE". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ "Os 100 Apelidos mais frequentes da População Portuguesa" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ "Estação Juventude". web.archive.org. 2013-10-17. Archived from the original on 17 de outubro de 2013. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "De onde vêm os sobrenomes dos brasileiros?". web.archive.org. 2013-10-22. Archived from the original on 22 de outubro de 2013. Consultado o 2019-02-01.