Saltar ao contido

Siberut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSiberut
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIlhas Mentawai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIlhas Mentawai (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIlhas Mentawai, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 1°20′26″S 98°54′59″L / -1.340556, 98.916389
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude147 m Editar o valor en Wikidata
Superficie3.829 km² Editar o valor en Wikidata

Siberut é a máis grande e máis setentrional das illas Mentawai, situada a 150 quilómetros ao oeste de Sumatra no océano Índico. Forma parte de Indonesia, a illa é o fogar principal para os mentawai. A metade occidental da illa foi declarada como Parque Nacional en 1993. Gran parte da illa está cuberta de selva, pero está explotada pola industria madeireira.

As illas menores adxacentes a Siberut inclúen Karamajet e Masokut, que se atopan no estreito Bungalaut no sur da illa.

Siberut viuse afectada polo tsunami de 2004, pero sen ningunha perda coñecida da vidas humanas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Illa Siberut ten un cálido e húmido clima de selva tropical, cunha choiva anual de 4.000 mm. As temperaturas oscilan entre 22 e 31 °C, e a media de humidade dun 81-85%. A costa leste ten moitos illotes, Baías e arrecife de coral, e está cuberta con bosques de mangleiros que se estenden ata 2 km de ancho antes de dar paso aos bosques de Nipa. O oeste é principalmente de bosques de Barringtonia e é difícil chegar por mor dun mar axitado e abruptos cantís. O interior montañoso elévase a 384 metros, con moitas correntes de auga que forman pantanos nas terras baixas.

Medio Ambiente

[editar | editar a fonte]

Siberut foi recoñecida como Reserva da Biosfera en 1981. En 1993, a parte occidental da illa foi designada como Parque Nacional, cunha superficie de 1.905 km².

Ao redor do 70% dos bosques que están fóra da reserva están suxeitos a concesións madeireiras, algúns operativos e outros pendentes.

No ano 2001 a UNESCO trouxo unha nova fase do seu Programa Siberut, coa intención de protexer o ecosistema a través do desenvolvemento local. Esta fase implica a creación dunha asociación de comunidades locais, grupos conservacionistas e o goberno local, un enfoque que parece ser popular a nivel local.