Saltar ao contido

Shorin-ryu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shorin-ryu (kanji: 小林流) é un dos dous estilos modernos de karate, o outro é Shorei-ryu. En verdade, é un estilo intermedio que foi resultado da fusión dos estilos clásicos Tomari-te e Shuri-te e das formas de loita chinesas, que son a orixe de seu nome, pois "Shorin" é como se pronuncia "Shaolin" no Xapón.

Despois acabou por dar orixe a outros estilos máis recentes, como Shotokan, Wado-ryu e Shito-ryu.[1]

Alén de estilos de karate independentes, o shorin acabou por se dividir en catro escolas principais, que pretenden preservar os seus conceptos e técnicas: Shobayashi-ryu, Kobayashi-ryu, Matsubayashi-ryu e Shorin-ryu Matsumura Seito. O estilo caracterízase por posturas altas e relaxadas e por desprazamentos circulares.[2][3]

  1. Graham Noble; Ian McLaren; Prof. N. Karasawa. "Masters of The Shorin-ryu" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  2. "History of the Matsubayashi-Ryu School and It's Divisions" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  3. Karate Shorinkan (ed.). "History" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2014. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.