Saltar ao contido

Sho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nota: Este artigo trata da letra suplementaria do alfabeto grego. Para a letra latina empregada en Islandia e nas primeiras notacións das linguas xermánicas e que posúe unha forma similar, ver Thorn.

Maiúscula e minúscula da letra sho.

Sho (Maiúscula Ϸ, Minúscula ϸ) era unha letra utilizada para transcribir o bactriano.

Lingüística

[editar | editar a fonte]

Ϸ empregábase para transcribir o son dunha consoante fricativa postalveolar xorda (notada [ʃ] en API, pronunciada como o « x » galego) en bactriano, unha lingua indoirania xa estinguida.

En -328, a Bactriana - país situado no norte do actual Afganistán - foi conquistado polos exércitos de Alexandre Magno. En -123, a rexión foi conquistada polos Yuezhi que decidiron adoptar o alfabeto grego para notar a lingua local. A letra sho foi creada para transcribir un son empregado en bactriano pero que non existía en grego.

Representación informática

[editar | editar a fonte]

A letra posúe as representacións Unicode seguintes:

  • Maiúscula Ϸ : U 03F7 ;
  • Minúscula ϸ : U 03F8 ;

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]