Shih-tzu
O shih-tzu é unha raza de can moi antiga (os primeiros datos atopados sobre eles datan do século X a.C.) nativa do Tíbet. Non hai unha opinión xeneralizada sobre a súa orixe, pero adoita aceptarse a hipótese que descenden dos cans tibetanos lhasa apso, cos cales teñen similitudes. Como os lhasa apso, os shih-tzu son unha raza vinculadas dalgún xeito coa relixión budista. Os chineses criábanos para que se asemellasen a leóns. Mesmo o nome da raza, "shih-tzu" significa "can-león", que tamén pode ser atribuído ó ladrido destes animais, e á súa tendencia a ladrar ós estraños e rosmar ante a menor provocación, sendo por este motivo moi apreciados como cans gardiáns. Ten unha media de vida de máis de 10 anos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome shih-tzu provén da palabra chinesa "can león" xa que este tipo de can foi criado para parecerse ao león,[1] tal e como se representan os leóns gardiáns chineses na arte oriental tradicional.[2] (Hai outra raza, o pequinés, tamén chamada "can león" en chinés). "Shih-tzu" é a romanización dos caracteres chineses 獅子, que significan león. A romanización Wade-Giles estaba en uso cando a raza foi introducida por primeira vez nos Estados Unidos, pero nos tempos modernos utilízase a romanización Pinyin, facéndoo shīzi. En chinés mandarín a pronunciación é aproximadamente SHIRR|dzə.
Tamén é coñecido como o can "Xi Shi" (西施犬) porque Xi Shi foi considerada como unha das mulleres máis fermosas da antiga China.[3] O shih-tzu foi alcumado como can crisantemo en Inglaterra durante a década de 1930.[4] O can tamén podería ser chamado o león Tibetano, aínda que se a raza debe ser referida como "tibetana" ou "chinesa", tal e como afirma, o movemento de independencia tibetana é unha resposta absoluta que "talvez nunca se saiba".[5]
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o século XVII o Dalai Lama obsequiou ao Emperador algúns exemplares desta raza. A finais do século XIX, Ts'eu-hi, emperatriz avoa do último emperador, era unha grande admiradora do shih-tzu polo que tiña máis dun centenar destes animais xunto con cuidadores especializados para os mesmos. Desafortunadamente ao morrer a emperatriz en 1908 a popularidade do shih-tzu viuse drasticamente reducida.
Non foi senón a principios dos anos trinta, cando comezou a introducirse en casas de notables chineses volvéndose un pouco máis común. Foi naquela época cando recibiu algúns nomes do tipo: Lhassa lion dog, tibetano poodle etc. En 1934 fundouse o primeiro club especializado da raza, o Peking Kennel Club. Con todo, a invasión xaponesa na China durante ese mesmo ano ocasionou que a raza se extinguise no seu propio país de orixe.
Afortunamente os europeos afeccionáranse a esta raza e despois da súa aparición no vello continente os Shih-Tzu substituíron os lhasa apso como os cans favoritos de nobres e ricos. Os viaxeiros que durante aquela época visitaban o país oriental trouxeron a moda destes pequenos cans a Europa e, posteriormente, en 1955 esa moda comezou a estenderse polos Estados Unidos, onde causaron unha forte impresión. Na era moderna, a moda dos Shih-Tzu desapareceu gradualmente, e tras a revolución comunista a raza de cans considerouse extinta na China, aínda que xa deixara o seu sinal en Occidente.
Toda a herdanza xenética dos Shih-Tzu provén de sete parellas de cans, un deles pequinés, que grazas ao esforzo de varios historiadores puideron ser identificados.[6]
Características
[editar | editar a fonte]O shih-tzu é un can pequeno, algo máis largo que alto; non adoita superar os 26–27 cm de altura á cruz, e o peso oscila entre os 4,5 e os 7,3 kg. A súa cabeza é, á súa vez, reducida en relación co resto do corpo, cun fociño curto e ollos moi grandes e escuros. As orellas, grandes e colgantes, teñen tanto pelo que parecen formar un todo co pelo do colo. Está cuberto por un suave manto de dobre capa. A cola, tamén moi poboada, enróscase sobre o dorso. É chamativa a súa forma de camiñar, como con "distintiva arrogancia". Unha característica moi notable é a mordida prognática, que se require no estándar da raza.[7]
Cores
[editar | editar a fonte]Con respecto á cor do seu pelo, o Shih-tzu pode presentar unha gama que inclúe varios tons de dourado, branco e marrón. Outras cores son o ouro con máscara negra, branco e negro, negro sólido, fígado, fígado e branco, atigrado, branco con gris, branco e canela.[8] Aínda que non é tan común, algúns exemplares, locen tamén azul sólido.
Temperamento
[editar | editar a fonte]A raza ten un temperamento leal, cariñoso e sociable, e adoita manterse alerta. É un can gardián excelente, aínda que non foron criados especificamente para este fin. A diferenza do lhasa apso, que foi criado para ser un can sentinela e, por ende, desconfiado cos estraños, o shih-tzu prefire estar preto dos seus propietarios e con frecuencia ofrécelles afecto a persoas descoñecidas para el. Debido ao seu carácter amigable, o shih-tzu tende a relacionarse ben con outros cans e cos nenos.
Mortalidade
[editar | editar a fonte]Unha enquisa do Kennel Club no Reino Unido estabelece a media de vida dun shih-tzu nos 13 anos e 2 meses, se ben a maioría viven entre 10 e 16 anos.[9]
Coidado
[editar | editar a fonte]Os ollos son sempre enormes, polo cal hai que prestarlles un coidado especial se se queren evitar problemas de saúde nesta zona. O seu pelo é longo e moi denso, pero nunca rizado (permítese un pouco de ondulación). O fouciño é curto e chato, o que ás veces lles produce problemas de respiración; por exemplo, é bastante habitual que ronquen sonoramente.
Manto ou pelo
[editar | editar a fonte]A tradicional pelaxe longa e sedosa, que lle chega ata o chan, require un cepillado diario para evitar enredos. Debido á súa capa de pelo longo e de rápido crecemento, a preparación regular é necesaria, o que pode ser custoso e débese considerar cando se pensa nesta raza. A miúdo, o pelo recórtase moi curto para simplificar os coidados. Para mostralo nas exposicións de conformación o pelo débese deixar no seu estado natural, aínda que o recorte e a limpeza arredor das patas e o ano se permite.[10]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Hai que ter coidado, tamén, coa alimentación: son cans de estómago moi delicado, normalmente non aceptan ben outra cousa que non sexa alimento seco, mais se lles pode dar comida sólida moi moderadamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O shih-tzu en perros.mascotia.com". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2017.
- ↑ Shih Tzu, por Jaime J. Sucher, páx. 5, Barron's Educational Series, 2000, ISBN 0-7641-1043-8
- ↑ Steve Allison. "Shih Tzu". FindOutAboutDogBreeds.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 7 de novembro de 2007.
- ↑ Shih Tzu For Dummies, por Eve Adamson, páx. 257, For Dummies, Publisher, 2007, ISBN 0-470-08945-8 cita: "A señorita Brownrigg, quen trouxo o primeiro can a Inglaterra, utilizou a frase Can Crisantemo." ("Lady Brownrigg, who brought the first Shih Tzu into England, coined the phrase Chrysanthemum Dog.")
- ↑ Shih Tzu For Dummies, por Eve Adamson, páx. 27, For Dummies, Publisher, 2007, ISBN 0-470-08945-8 cita: "...cans relacionados cos shih-tzu modernos probablemente viñeron do Tibet, pero canto tempo estiveron alí e canta influencia tiveron nos presentes shih-tzu non será posible sabelo nunca." O autor di logo que "historiadores caninos adoitan ter opinións fortes." Dise normalmente de forma incorrecta que os shih-tzu son realeza chinesa.
- ↑ "Shih tzu". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2017.
- ↑ "Fédération Cynologique Internationale Breed Standard". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2017.
- ↑ "Shih Tzu Colors &124; American shih-tzu Club". americanshihtzuclub.org. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2018. Consultado o 16 de maio de 2010.
- ↑ "2004 Purebred Dog Health Survey" (PDF). KC/BSAVA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "United Kennel Club: Shih Tzu". United Kennel Club. 1 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 30 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shih-tzu |