Shenzhou 3
Aparencia
Shenzhou 3 | |
---|---|
Representación dunha nave Shenzhou | |
Data de lanzamento | 25 de marzo de 2002[1][2][3][4] |
Foguete portador | CZ-2F[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][6] |
Duración da misión | 7 días[2][6] |
Obxectivo da misión | Voo de probas non tripulado da cápsula Shenzhou.[2][6] |
Regreso | 1 de abril de 2002[1][6] |
NSSDC ID | 2002-014A |
Masa | 7800 kg[2][5][6] |
Shenzhou 3 foi a terceira misión non tripulada dunha cápsula Shenzhou. Foi lanzada o 25 de marzo de 2002 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Shenzhou 3 foi o terceiro voo dunha cápsula Shenzhou. A cápsula non ía tripulada e foi un voo de probas para comprobar o deseño e as características de voo da cápsula e do foguete lanzador. A bordo levaba diversa instrumentación para comprobar que as condicións serían adecuadas para os futuros astronautas. Con Shenzhou 3 probouse tamén por primeira vez o sistema de escape, formado por un foguete no extremo superior da nave durante o lanzamento. Tras sete días a cápsula de reentrada regresou o 1 de abril de 2002.[2][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SZ-3" (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shenzhou 3" (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 3 December 2002 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-60408(E)). 12 de decembro de 2002: 2. Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2021). "Shenzhou III" (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shenzhou 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 (SZ 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7)" (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2021). "Shenzhou 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7" (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Shenzhou 3 |