Serra da Martiñá
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Martiñá.
Tipo | serra | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
| ||||
A serra da Martiñá é unha pequena serra encadrada na dorsal galega, moi preto da serra do Faro, entre as provincias de Lugo e Ourense. Xeoloxicamente está conformada principalmente por granitos.
As importantes diferenzas de altitude favorecen a presenza de diferentes ecosistemas: bosques caducifolios nas abas e turbeiras nos cumios.
O punto de maior altitude é o monte Martiñá (tamén coñecido como O Castro), con 1042 metros sobre o nivel do mar.
A Martiñá na cultura popular
[editar | editar a fonte]A serra da Martiñá aparece mencionada en catro ocasións no poemario de Ramón Otero Pedrayo Bocarribeira:
Na terceira estrofa, nunha mostra de hilozoísmo, o vieiro pregúntalle á nabeira:
- ¿De onde ves, meu vello?
- Veño do Ribeiro...
- E cara onde vas?
- Vou prá Martiñá...
Estrofa 11:
- Achega lume ó Paraño!
- -fala o Avión á Martiñá-
- que prá bica do poente
- hei de acender de mañá.
Estrofa 15:
- Pousou nos soutos da Torre
- o vento da Martiñá.
Estrofa 43:
- Neve, nevisca, neviña
- folerpa da Martiñá.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |