Seinfeld
Seinfeld | |
---|---|
Formato | Comedia de situación |
Creado por | Larry David Jerry Seinfeld |
Desenvolvido por | Castle Rock Entertainment |
Dirixido por | Art Wolff (Pilot) Tom Cherones (tempadas 1–5) Andy Ackerman (tempadas 6–9) |
Intérpretes | Jerry Seinfeld Julia Louis-Dreyfus Michael Richards Jason Alexander |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | inglés |
Episodios | 180 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Larry David (tempadas 1–7) Howard West George Shapiro Andrew Scheinman (tempadas 2–4) Jerry Seinfeld (tempadas 8–9) Alec Berg (tempada 9) Jeff Schaffer (tempada 9) |
Localización(s) | Nova York |
Duración | 22 minutos |
Distribuidor | Columbia Pictures Television (1989–1998) Columbia TriStar Television (1999–2002) Sony Pictures Television (2002–actualidade) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Primeiro episodio | 5 de xullo de 1989 |
Derradeiro episodio | 14 de maio de 1998 |
Na rede | |
https://www.sonypictures.com/tv/shows/seinfeld/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Seinfeld é unha comedia de situación estadounidense que se emitiu orixinalmente entre o 5 de xullo de 1989 e o 14 de maio de 1998 na NBC e que desde aquela se segue a emitir internacionalmente en moitas canles e nos Estados Unidos permanece en sindicación.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Creación de Larry David e Jerry Seinfeld, este último interpretando unha versión ficcionalizada de si propio. A acción transcorre fundamentalmente nun bloque de apartamentos en Manhattan, malia que se gravou nos Ánxeles), no que ademais do protagonista están os seus tres amigos George Costanza, Elaine Benes e Cosmo Kramer. Seinfeld produciuna Castle Rock Entertainment, distrubuída en asociación con Columbia Pictures Television e Columbia TriStar Television; Sony Pictures Television distribúe a serie desde 2002. Escrita principalmente por David e Seinfeld, participaron tamén numerosos outros guionistas, Larry Charles, Peter Mehlman, Gregg Kavet, Andy Robin, Carol Leifer, David Mandel, Jeff Schaffer, Steve Koren, Jennifer Crittenden, Tom Gammill, Max Pross, Charlie Rubin, Alec Berg e Spike Feresten.
A serie foi ben recibida pola crítica, converténdose nun fenómeno cultural e social, liderando os índices Nielsen na sexta e novena tempadas, rematando entre as dúas primeiras, xunto con ER cada ano entre 1994 e 1998. En 2002, a revista TV Guide proclamou a Seinfeld o mellor programa de televisión de tódolos tempos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cosgrove-Mather, Bootie (2002-04-26). "TV Guide Names Top 50 Shows". CBS News. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2002. Consultado o 29 de outubro de 2010.