Saltar ao contido

Seibu Dome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MetLife Dome
Datos
Coordenadas35°46′07″N 139°25′14″L / 35.7685, 139.4205
LocalizaciónTokorozawa, Xapón
Nomes antigosEstadio Seibu Lions (1979–1997)
Seibu Dome (1998–2004)
Invoice Seibu Dome (2005–2006)
Goodwill Dome (2007)
Seibu Dome (2008–2015)
Seibu Prince Dome (2015−2017)
Construción
Construción1 de xullo de 1978
Inauguración14 de abril de 1979
Renovación2007−2008
Ampliación1997–1999 (construción do teito)
ArquitectoYoshiro Ikehara (estadio)
Corporación Kajima (teito)
Estadio
SuperficieCéspede artificial
DimensiónsLeft Field – 100 m (328,1 ft)
Center Field – 122 m (400,3 ft)
Right Field – 100 m (328,1 ft)
Capacidade33.556 espectadores
PropietarioFerrocarrís Seibu
OperadoraSeibu Lions
LocalíaSaitama Seibu Lions (1979− )
Webhttps://bellunadome.seibulions.co.jp/
editar datos en Wikidata ]

O Seibu Dome (西武ドーム Seibu Dōmu?), coñecido por motivos de patrocinio como MetLife Dome (メットライフドーム Mettoraifu Dōmu?), é un estadio de béisbol situado en Tokorozawa, Saitama (Xapón). Inaugurado o 14 de abril de 1979, foi erixido como campo local dos Saitama Seibu Lions da Liga do Pacífico da Liga Xaponesa de Béisbol Profesional (NPB). O estadio está cuberto por unha cúpula ao igual que outros moitos estadios do Xapón, mais dispón dunha separación entre a mesma e as bancadas para que o aire circule polo recinto. Isto fai posíbel que os home runs poidan saír do estadio, algo que non se pode nos estadios totalmente cubertos. É, xunto o T-Mobile Park de Seattle, Washington (Estados Unidos), o único estadio de béisbol do mundo con esa característica.[1]

O estadio, comezado a construír en 1978, foi inaugurado o 14 de abril de 1979, sen o teito e co nome de Estadio dos Seibu Lions (西武ライオンズ 球場 Seibu Raionzu Kyūjō?). Desde a súa inauguración foi o estadio local dos Seibu Lions, que chegaban a Tokorozawa desde Fukuoka ese mesmo ano. A instalación da cuberta levouse a cabo en dúas fases: a primeira despois da temporada de 1997 e a segunda fase despois da temporada de 1998. Tras a finalización da obra o estadio mudou de nome a Seibu Dome (西武ドーム Seibu Dōmu?).

O 1 de marzo de 2005, o estadio foi nomeado Invoice Seibu Dome (イン ボイス西武ドーム Inboisu Seibu Dōmu?) debido ao patrocinio por dous anos da compañía de comunicacións Invoice. Após o vencemento do contrato, o 1 de xaneiro de 2007 o nome foi mudado a Goodwill Dome (グッド ウィルドーム Guddowiru Dōmu?),[2] para reflictir o patrocinio do Grupo Goodwill. O contrato dos dereitos de nome do Grupo Goodwill Group durou cinco anos. Esta mudanza non afectou ao nome oficial do estadio, que seguía a ser Seibu Dome, mais o medios de comunicación utilizaron case en exclusiva o nome patrocinado. A finais de 2007 o estadio recuperou o seu nome oficial debido aos problemas de negocios ilegais de Goodwill. Entre 2015 e 2017 o estadio tivo o nome de Seibu Prince Dome (西武プリンスドーム Seibu Purinsu Dōmu?), e apartir dese último ano o de MetLife Dome (メットライフドーム Mettoraifu Dōmu?).

  1. Morse, Burden e Morse. "Beer, Brats and Grasshoppers: The Sports Tourists Rank Baseball's Cathedrals". 
  2. "「グッドウィルドーム誕生」". Goodwill. 5 de decembro de 2006. Archived from the original on 10 de decembro de 2006. Consultado o 23 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]