Sebahat Tuncel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1975 (49 anos) Yazıhan, Turquía (en) |
DBP Co-chair (en) | |
9 de xullo de 2017 – 30 de novembro de 2019 ← Sebahat Tuncel – Salihe Aydeniz (en) ⊟ Xunto con: Mehmet Aslan (en) | |
DBP Co-chair (en) | |
28 de maio de 2016 – 9 de xullo de 2017 ← Emine Ayna (en) – Sebahat Tuncel ⊟ Xunto con: Kamuran Yüksek (en) | |
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
28 de abril de 2014 – Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: Istanbul (3rd electoral district) (en) | |
HDP Co-chair (en) | |
27 de outubro de 2013 – 22 de xuño de 2014 ← Fatma Gök (en) – Figen Yüksekdağ (pt) ⊟ Xunto con: Ertuğrul Kürkçü (pt) | |
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
28 de xuño de 2011 – 28 de abril de 2014 (joining party (en) ) Lexislatura: 24th Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: Istanbul (1st electoral district) (en) | |
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
23 de xullo de 2007 – 28 de xuño de 2011 Lexislatura: 23rd Parliament of Turkey (en) Circunscrición electoral: Istanbul (3rd electoral district) (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Mersin University (en) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Democrático dos Povos (pt) Democratic Regions Party (en) |
Sebahat Tuncel, nada en Yazıhan o 5 de xullo de 1975 é unha política kurda, activista polos dereitos das mulleres, anteriormente enfermeira [Cómpre referencia]e membro do Parlamento Turco.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de cartografía e topometría na Universidade de Mersin para máis tarde comezar a súa carreira política a través da sección de mulleres do Partido da Democracia dos Pobos (HADEP) en 1998. Na actualidade é covicepresidenta e deputada en Istambul do Partido Sociedade Democrática (DTP), que ela mesma axudou a fundar. Traballou tamén en organizacións internacionais como a ONU, no seu programa de axuda ao desenvolvemento, UNDP, e Amnistía Internacional.[2]
Foi xulgada en 2006 pola súa pertenza ao Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), baixo a acusación de facer viaxes frecuentes ós campos do PKK no norte de Iraq e foi encarceada posteriormente. Concorreu ás eleccións xerais ao parlamento turco en 2007 dende a prisión e gañou un escano grazas a 93 000 votos,[3] sendo posta en liberdade en xullo de 2007.[4]
Foi a muller máis nova en ser membro do parlamento turco e a primeira persoa en ser elixida deputada dende a prisión en toda a historia de Turquía. O catro de outubro pasou a prisión provisional, sendo emprisionada con cargos en novembro de 2018.[5]
Segundo a Oficina Legal internacional a fiscalía solicitaba 130 anos de prisión por delitos relacionados co terrorismo debido á súa pertenza ao legalizado Congreso Sociedad Democrática (DTK) e por 16 declaracións e discursos que realizou en reunións e roldas de prensa previos ás reunións do Partido Unidade Democrática (DBP).[6]
O día un de decembro sumouse a Leyla Güven na súa folga de fame.[7] Unha sentenza condeouna a 15 anos de prisión en febreiro de 2019 baixo os cargos de pertenza a organización terrorista e por facer propaganda terrorista.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Türkiye Büyük Millet Meclisi 23. Dönem Milletvekili". Grand National Assembly of Turkey. 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 15 de maio de 2010.
- ↑ The Relations Between the US, the Kurds, and Turkey, Sebahat Tuncel, Watson Institute, Brown University, Feb. 2008
- ↑ Row erupts over jailed Turkey MP, BBC, xullo de 2007.
- ↑ The Kurdish Struggle in Turkey: An interview with Sebahat Tuncel, MP Arquivado 06 de abril de 2009 en Archive.is, Jake Hess, ZNet, xuño de 2008.
- ↑ "DBP Co-Chair Sebahat Tuncel Arrested". Bianet. 7 de novembro de 2016.
- ↑ Owen, Margaret. "Indictment and Allegations Concerning Ms. Sabahat Tuncel" (PDF). International Law Bureau. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ "DBP’s Tuncel and 14 female prisoners start hunger strike". ANF. 1 de decembro de 2018.
- ↑ "Turkey jails two Kurdish former parliamentarians". Reuters (en inglés). 2 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sebahat Tuncel |
A Galipedia ten un portal sobre: Feminismo |