Seavia, Coristanco
Seavia | |
---|---|
Torre de Nogueira. | |
Concello | Coristanco[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°09′36″N 8°44′19″O / 43.1601, -8.7387 |
Área | 24 km² |
Poboación | 808 hab. (2018) |
Densidade | 33,67 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Seavia é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 808 habitantes (409 mulleres e 399 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.069 habitantes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Seavia: parece ser de orixe celta a partir dun antigo "Senavia" que puido ser nun principio "Senabriga" ("a fortaleza vella"); de ser certa esta suposición a palabra Seavia viría a ser "o río(avia) vello(seno)". Arixón sería o nome dun posesor latifundista da Idade Media e semella o resto dun antigo xenitivo en -oni. Amboade agocha un xenitivo involati que, a partir do lexema latino "(villa) Involati", daría o actual topónimo. Algo similar sucede con Segufe procedente dunha granxa ou explotación agrícola de Segulfus "(villa) Segulfiti". O mesmo pode dicirse de Buxán que viría doutro profesor "Busianus". Cerqueirás, Freixeiro, Nogueira e As Salgueiras farían referencia á presenza de carballos cerqueiros,freixos, nogueiras e salgueiros, respectivamente. A Rabadeira parece querer indicar unha ribeira ou encosta dun río ou regato. Mira pode vir da raíz prerromana "mir" co significado de auga, río. O Rodeiro viría sendo un cume redondeado e chan.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Mamede de Seavia conserva restos medievais, como os canzorros románicos do beiril dos muros laterais e un dos antigos rosetóns. Da época megalítica no Inventario de un patrimonio figuran tres mámoas; unha delas no Monte Campelo e as outras dúas na Chousa de Oca, na Rabadeira. Completarían este Inventario a capela de santa Ana, a capela de san Roque, as torres de Nogueira, a casa reitoral, o pazo de Arixón no Rodeiro e a fonte de san Mamede. A maiores, os bens incluídos no PXOM serían: a capela do Rosario(nas Salgueiras), dous cruceiros (Seavia e a Rabadeira), a escola de Seavia, catro hórreos (Nogueira, Marquiño, O Rodeiro e Nogueira) e dúas casas con cubertos e hórreo en Amboade.
No lugar de Nogueira érguese a Torre de Nogueira de planta rectangular, resto dun antigo pazo, con escudos de Moscoso e Bermúdez e entre os lugares de Arixón e O Rodeiro está o Pazo dos Rodríguez-Arixón.[2]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Seavia
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Seavia no concello de Coristanco (A Coruña) | |
---|---|
Amboade | Arixón | As Balsiñas | Buxán | O Campelo | Cerqueirás de Arriba | O Corvo | Freixeiro | Mira | Nogueira | A Rabadeira | Rieiro | O Rodeiro | As Salgueiras | Seavia | Segufe | Vilameán |
Parroquias de Coristanco
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Domínguez Rial, Evaristo (2015). Coristanco.As súas parroquias. Embora edicións. ISBN 978-84-16456-10-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parroquias de Ferreira, Couso e Seavia. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2015.