Scythe (xogo de mesa)
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde outubro de 2018) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Scythe é un xogo de mesa de estratexia e tácticas deseñado por Jamey Stegmaier, ilustrado polo artista Jakub Rozalski e comercializado por Stonemaier Games no 2016. O xogo adopta unha estética dieselpunk ambientada na década de 1920 nunha Europa do Leste alternativa. O xogo preséntanos unha Europa que apenas se recupera dos estragos da Gran Guerra, a cal non tivo vencedores claros neste mundo alternativo debido ao desenvolvemento dunha tecnoloxía militar disruptiva que incluía os chamados Mechs: enormes robots tripulados de batalla movidos por combustíbel diésel e vapor.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O mundo de “Scythe” provén da inspiración directa da obra do pintor polaco Jakub Rozalski, quen traballou esta idea conceptual dunha Europa do Leste alternativa no seu traballo “World of 1920 ”. Rozalski recolle pasaxes históricas da guerra polaco-soviética (1919-1921) engadindo os anacrónicos deseños de robots, buscando a impresión visual. O uso dunha técnica gráfica que simula o óleo axuda a incrementar esta sensación de época na súa obra. A obra de Rozalski segue accesible baixo os nomes de “The World of Scythe” e “Howling to the Moon”. Ademais publicou quebracabezas e espérase a saída ao mercado do videoxogo “Iron Harvest”, que tamén emprega a súa estética.[2]
Scythe saíu á venda tras unha iniciativa de apoio online vía Kickstarter, con máis de 17 000 contribuíntes, recadando máis de $1.8 millóns durante a campaña.[3] Desde a súa saída á venda o xogo recolleu cinco "Golden Geek awards" en 2016, o "Swiss Game Award" e tamén foi o vencendor do "Origins award" nese mesmo ano. En 2017 a súa expansión "Scythe: The Wind Gambit" recolleu un novo "Golden Geek award".
Mecánica
[editar | editar a fonte]O obxectivo do xogo é o de desenvolver a nación propia máis rápido e máis eficientemente que os adversarios. O xogador terá que expandirse, mellorar as súas tecnoloxías, aumentar o seu poder militar e a súa fama, construír Mechs e edificios, cumprir misións e gañar batallas. Cada un destes parámetros dá a opción de desprenderse dunha das seis estrelas coas que comeza cada xogador, no momento no que un deles expulse as súas seis estrelas finaliza a partida e faise un reconto. O xogador que teña máis diñeiro é o gañador.[4]
Contido do xogo
[editar | editar a fonte]Os exércitos de cada xogador divídense en dous tipos de unidades: as civís, dedicadas á produción; e as militares, destinadas á conquista de territorios e á disuasión doutros xogadores. A produción de recursos (diésel, madeira, alimentos ou metal) intégrase dentro das diferentes accións despregadas no taboleiro do xogador, con combinacións entre os 7 dispoñíbeis, cada un con 7 habilidades propias, incrementando as posibilidades do xogo.
Faccións
[editar | editar a fonte]O xogo base para 5 xogadores introduce un número igual de potencias militares que se disputan os territorios dunha Europa do Leste debuxada sobre o mapa arredor da Fábrica, unha avanzada cidade-estado que proporcionou ao mundo gran parte das súas tecnoloxías disruptivas durante a Gran Guerra. Esta cidade quedou misteriosamente abandonada e agora as nacións estudan con cobiza os seus posíbeis segredos.
Neste contexto as seguintes nacións compiten por solidificar o seu poder dentro do taboleiro de xogo:
- "A República de Polonia" é a figuriña branca da heroína Anna e o oso Wojtek.
- "A Unión Rusoviética" é a figuriña vermella da heroína Olga Romanova e o seu tigre siberiano Changa.
- "O Imperio Saxón" é a figuriña negra do heroe Gunter von Duisburg cos seus lobos Nacht & Tag.
- "Os Reinos Nórdicos" é a figuriña azul do heroe Bjorn e o boi almiscreiro Mox.
- "O Khanato de Crimea" é a figuriña amarela da heroína Zehra e a aguia Kar.
Expansións
[editar | editar a fonte]O xogo conta coas expansións de “Invaders form Afar”, que engade as faccións do Clan Albion e o Shogunado Togawa; e “The Wind Gambit”, que engade o uso de aeronaves e a opción de cambiar as condicións de finalización de cada partida. A última publicada, “The Rise of Fenris”, engade unha campaña de 8 escenarios rexogábeis, ademais de novos módulos de xogo independentes.