Saltar ao contido

Schuko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Schuko é o nome comercial rexistrado dun tipo de toma de corrente, base e clavixa, definida pola normativa CEE 7/4 como Tipo F.

Toma de corrente Schuko dobre con clavixa conectada.
Tipos de conector en Europa.       Schuko (Tipo F, CEE 7/4)       Francés (Tipo E, CEE 7/6)       Británico (Tipo G, BS 1363)       Suízo (Tipo J, SEV 1011)       Danés (Tipo K)       Italiano (Tipo L)

O sistema Schuko foi inventado en Alemaña. Crese que en 1925, polo fabricante de material eléctrico bávaro Albert Büttner. Bayerische Elektrozubehör AG, presentou a patente DE 489 003 en 1930 para un Stecker mit Erdungseinrichtung (dispositivo de conexión con toma de terra)[1].

Descrición

[editar | editar a fonte]

As tomas de corrente Schuko son empregadas para conexións dun máximo de 16 amperios con toma de terra, 230 voltios e 50 Hz. Existen para intensidades inferiores tomas de corrente Schuko sen toma de terra. En España segundo o REBT 2002 as tomas de corrente deben ser de tipo Schuko.

Descrición da clavixa e toma de corrente Schuko CEE 7/4.


(1) Base da toma.
(2) Conectores para toma de terra.
(3) Conectores de corrente, fase e neutro.
(4) Guías.

Normativa

[editar | editar a fonte]
  • Standard alemán DIN 49440: Tomas Schuko
  • Standard alemán DIN 49441: Tomas Schuko
  • IEC/TR 60083