Saltar ao contido

Schizophyta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Schizophyta é o termo, acuñado por Cohn en 1875, e hoxe practicamente en desuso, co que se designou o taxón onde estaban incluídos os procariontes[1], daquela aínda non definidos como tales. É un termo botánico, xa que foron incluídos no reino vexetal, seguramente polo parecido das ben coñecidas algas vedeazuladas (cianobacterias) no seu metabolismo fotosintético e forma de vida coas algas. Antes eran considerados "animálculos", termo que procedía do tempo das primeiras observacións microscópicas.

As Schizophyta dividíronse en dous grupos:

  • Schizophyceae. As algas azul-verdosas. De: schizo=partición, phyceae=alga.
  • Schizomycetes ou Schizomyceae. As bacterias. De: schizo=partición, myco=fungo.

Aludindo en ambos os casos á forma de reprodución bacteriana por fisión binaria e aos seus diferentes metabolismos.

Nas sucesivas clasificacións as Schizophyta foron consideradas división, clase, filo ou subreino.[2]

Schizophyta aparece como unha rama do Reino vexetal nos seguintes sistemas de clasificación:

Estes sistemas foron superados polas sucesivas novas taxonomías que foron aparecendo, e que lle deron ás Schizophyta nomes como Protophyta, Prokaryotae, Monera e actualmente os termos taxonómicos que se usan son Archaea e Bacteria.

  1. Merriam Webster Online Dictionary
  2. "Memidex dictionary/thesaurus". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2014.