Saltar ao contido

Sausatatar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSausatatar
Biografía
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata

Sausatatar (Saukshatr = fillo do bo gobernante) foi rei de Mitanni sobre a metade do século –XV, suposto sucesor de Parsatatar. Saqueou Asur nalgún momento non ben identificado (talvez sobre -1440) e capturou as portas de prata e ouro do palacio real, que se levou a Washukanni (segundo explica un tratado posterior entre o hitita Suppiluliumas I e o rei Mattiwaza). Despois do saqueo, Asiria quedou baixo reis nativos, pero tivo que pagar imposto ata o tempo de Assuruballit I (sobre a metade do século –XIV). Con Exipto mantivéronse boas relacións.

Arrapha (Arrapkha), Iamkhad e Nuzi serían anexionadas ao reino de Mitanni probabelmente durante o seu reinado. O palacio do gobernador de Arrapha (un príncipe hurrita) foi escavado no século XX.

O selo do rei mostra heroes e xenios alados combatendo contra leóns e outros animais e un sol con ás. O estilo de moitas figuras distribuídas por todo o espazo hábil é típico dos selos hurritas. Un selo posterior, atopado en Alalakh, mostra un estilo máis acadio.

Sucedeuno Artatama I.