Satrapía de Capadocia
Capadocia (do antigo persa Katpatuka) foi unha satrapía (provincia) do Imperio Aqueménida para administra-las rexións máis aló das montañas Tauro e o río Éufrates.
A satrapía
[editar | editar a fonte]A satrapía pertenceu ao terceiro distrito de imposto e pagaba un estimado 360 talentos cada ano de tributo. O primeiro sátrapa (gobernador) de nome coñecido foi Ariaramnes, quen gobernou ao principio do reinado de Darío o Grande. Os seus sucesores son descoñecidos, a pesar de que Gobryas, un irmán de Xerxes I, gobernou o territorio polo 480 a.C.
Durante o reinado de Artaxerxes II, Capadocia foi dividida: entre Paflagonia e a Capadocia propiamente. Nesta última, Datames (denominación abreviada de Datamitra) converteuse no seu sátrapa; participou con outros sátrapas nunha revolta contra Artaxerxes II, mais foi asasinado no 362 a.C.[1] Tralo asasinato de Datames (no 362 a.C.), posiblemente durante o ascenso de Artaxerxes III (358-338 a.C.), e como resposta ao poder que Datames acumulara durante o seu goberno e para mellorar a eficacia da administración,[2] Capadocia foi dividida en dúas satrapías, unha a parte costeira do norte, que chegará a ser incorporada ao reino do Ponto, e a Capadocia do sur.[3][4]
O derradeiro sátrapa da Capadocia do sur no imperio aqueménida foi Mitrobuzanes que morreu no 334 a.C., loitando contra o invasor Alexandre o Grande, na batalla do río Gránico. Este, nomeou a Abistamenes (chamado Sabictas para os gregos)[5] no seu sitio para remprazalo[6] pero non puido establecer a súa autoridade sobre este novo territorio conquistado e desapareceu, posteriormente, na escuridade.
A Capadocia do norte, seguiu a ser un punto importante da resistencia aqueménida e tamén foi usada como proba para unha campaña para conseguir conquistar Anatolia occidental[2] e foi gobernada por Ariarates I do 340 a.C até o 331 a.C. Estivo á fronte da defensa do territorio contra a invasión macedonia de Alexandre o Grande, e loitou tamén na batalla de Gaugamela con Darío III, o derradeiro rei aqueménida. Coa desaparición do imperio aqueménida, Ariarates seguiu a loitar contra Alexandre e creou o Reino de Capadocia, establecendo a dinastía Ariátida. Finalmente foi capturado e, posteriormente, executado polo xeneral macedonio Pérdicas, que tivo que intervir, no 322 a.C., para que Eumenes de Cardia puidera anexionar o territorio.[7]
Sátrapas de Capadocia (c. 380–331 a.C.)
[editar | editar a fonte]- Ariaramnes, c.500 a.C.
- Datames, c. 380–362 a.C.
- Ariamnes I, 362–350 a.C.
- Mitrobuzanes (morto 334 a.C. )
- Ariarates I, 350–331 a.C.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ariobarzanes I". livius.org (en inglés). 27-4-2019. Consultado o 29-7-2019.
- ↑ 2,0 2,1 Weiskopf (1990), pp. 780–786
- ↑ Schmitt (1994), pp. 115–117
- ↑ Estas partes do norte e do sur foron tamén respectivamente coñecidas como Capadocia Póntica ou Capadocia Maior,e Capadocia Táurica
- ↑ Bosworth (2005), p. 62
- ↑ Flavio Arriano, Anábase de Alexandre o Grande (2.4.2)
- ↑ Bosworth (2005), p. 207
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bosworth, A. B. (2005). Alejandro Magno (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-2308-1.
- Weiskopf, Michael (1990). "Cappadocia". (en inglés). Vol.". Encyclopaedia Iranica (en inglés). IV, Fasc. 7–8. pp. 780–786.