Sarga
Salgueiro sarga | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salix elaeagnos | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Salix eleagnos' Scop. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
A sarga[1] Salix eleagnos é un salgueiro de até 20 m de alto, ou arbusto alto, da familia das salicáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Arbusto que acada os 6 metros de altura, de numerosos pés princiapis, que pode chegar a árbore de até 10 m. Pólas longas e fexíbeis, finas, de casca pardo-cinsenta, pardo-amarelenta ou arroibada-escura, fendada co paso do tempo. As franzas nacen aveludadas. Follas moi estreitas e alongadas, de até 16 cm de longo por uns 6 mm de largo; enteiras ou lixeiramente dentadas na metade superior. Face verde escura, galbra e envés branco ou cinsento, cuberto de feltro, co nervio prominente e o pecíolo curto. Adoitan ter a marxe lixeiramente enrolada cara ao nervio. As candeas masculinos son laterais, sentadas ou case sentadas, cilíndricas, de 1 a 3 cm, de longo, vilosos, con brácteas verde-amarelentas, manchadas de pardo ou vermello no ápice, cun só nectario e dous estames soldados na metade ou terzo inferior polos seus filamentos. Os amentos femininos diferéncianse polo seu pistilo sen pelo e o seu curto pecíolo. Son precoces e desprenden sementes empenachadas. Florea dende finais do inverno e en primavera.[2]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Beira dos ríos, regueiros e torrentes de montaña, así como en grixos e terreos de aluvión dos cursos de auga, nas fondeiras e fondos de val frescos, preferentemente en terreos calcarios. Ascende dende os 200 até uns 1.500 (2000) m de altitude.
Distribución
[editar | editar a fonte]No centro e sur de Europa, Asia menor e norte de África. Na Península Ibérica é moi frecuente, especialmente nas metades oriental e setentrional; escasea cara occidente e polo sur. Aparece en Galiza mais falta en Portugal.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Salix eleagnos foi descrita por Giovanni Antonio Scopoli e publicado en Flora Carniolica, Editio Secunda 2: 257, no ano 1772.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Vidaller Tricas, Rafael; Ortega Cebollero José E. (1987). Los árboles del Alto Aragón. Huesca:IEA de la Excma. Diputación Provincial. ISBN 84-398-8877-5.
- ↑ López González, Ginés A. (2007). Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares (3ª ed.). Madrid:Mundi-Prensa. ISBN 10 84-8476-312-9.
- ↑ Sarga en Trópicos
- ↑ Sarga en PlantList
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sarga |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sarga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2010. Magnoliophyta: Salicaceae to Brassicaceae. 7: i–xxii, 1–797. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canadá. National Museums of Canada, Ottawa.