Santi Comesaña
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1996 (28 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Santiago Comesaña Veiga, máis coñecido como Santi Comesaña, nado en Vigo o 5 de outubro de 1996, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista no Villarreal, da Primeira División Española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Vigo, Comesaña formouse como futbolista na Escola Deportiva Val Miñor, na que entrou en idade infantil. Na tempada 2013/14 logrou co equipo xuvenil o ascenso á División de Honra, a máxima categoría do fútbol xuvenil en España, e na seguinte campaña o equipo acadou o quinto posto.[1]
O 9 de xullo de 2015 asinou un contrato co Coruxo FC, equipo da Segunda División B.[2] Debutou na primeira xornada da tempada 2015/16, marcando un gol na vitoria do seu equipo por 2–3 na casa do Atlético Astorga FC.[3] O 6 de decembro marcou un hat-trick na vitoria do seu equipo na casa por 5–1 fronte á SD Compostela.[4] Disputou 37 encontros esa tempada no equipo de Rafa Sáez, 36 deles como titular, e anotou 8 goles.
En xullo de 2016 asinou un contrato de catro anos co Rayo Vallecano na Segunda División Española.[5] Debutou co equipo o 28 de agosto, na segunda xornada da tempada 2016/17, saíndo na segunda parte en substitución de Adri Embarba nun empate 0–0 contra o Real Valladolid no Estadio de Vallecas.[6] Xogou só 11 partidos como titular en liga, nunha mala tempada do equipo madrileño, con ata tres adestradores diferentes. A súa sorte cambiou trala chegada de Míchel, e na tempada 2017/18 foi unha peza clave no equipo que logrou o ascenso á Primeira División.[7]
Debutou na Primeira División na segunda xornada da tempada 2018/19, contra o Atlético de Madrid no Estadio Metropolitano. Disputou 25 partidos e marcou o seu primeiro gol na máxima categoría, fronte á Real Sociedad, pero ao remate da competición o equipo descendeu a Segunda. Con Paco Jémez no banco perdeu protagonismo no equipo, pero recuperouno trala chegada de Andoni Iraola, e na tempada 2020/21 xogou un total de 43 partidos, marcando tres goles e contribuíndo a un novo ascenso á máxima categoría.[8]
Continuou como buque insignia do equipo nas dúas seguintes campañas, nas que sumou 79 encontros máis, a gran maioría deles como titular. Deixou o Rayo no verán de 2023, trala fin do seu contrato e despois de sete anos no club, nos que disputou 219 partidos e marcou 13 goles.[9]
O 29 de xuño fíxose oficial a súa fichaxe polo Villarreal.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La perla de bronce: Santi Comesaña, polivalencia" (en castelán). Vavel. 22 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "El Coruxo incorpora a Santi Comesaña y Pablo García" (en castelán). La Voz de Galicia. 9 de xullo de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "El Coruxo ahonda en la herida maragata" (en castelán). Vavel. 22 de agosto de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "El Coruxo tiene una perla" [Coruxo have a pearl] (en castelán). Atlántico Diario. 8 de decembro de 2015. Consultado o 31 de xullo de 2016.
- ↑ "Santi Comesaña nuevo jugador del Rayo". Ecodiario.es (en castelán). 16 de xullo de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2018.
- ↑ "Rayo y Valladolid convierten en protagonistas a sus porteros" (en castelán). Marca. 28 de agosto de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ González, Raúl (25 de agosto de 2019). "El extraño caso de Santiago Comesaña" (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Álvarez, Aleix (24 de xullo de 2021). "Santi Comesaña: «La falta de minutos me hizo pensar que no valía ni para Segunda»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021.
- ↑ Villa, Pablo (20 de xuño de 2023). "Comesaña se despide del Rayo: "Nunca olvidaré el cariño de Vallecas"". Marca (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
- ↑ Teruel, Javi (29 de xuño de 2023). "Santi Comesaña ficha por el Villarreal". As (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).