Saltar ao contido

Santa Lucía de Tirajana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSanta Lucía de Tirajana
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°54′44″N 15°32′27″O / 27.9121, -15.5407
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
CapitalSanta Lucía de Tirajana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación75.677 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.229,32 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie61,56 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude680 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataSilverio Matos Perez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35110 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE35022 Editar o valor en Wikidata

Páxina websantaluciagc.com Editar o valor en Wikidata

Santa Lucía de Tirajana é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Está situado no sueste da illa de Gran Canaria. Áchase entre os municipios de San Bartolomé de Tirajana (do cal sepárao o barranco de Tirajana) e Agüimes (do que está separado polo barranco de Balos).

Posúe dúas zonas con características ben diferenciadas:

  • A zona costeira, onde actualmente vive case toda a súa poboación, na que destacan os núcleos urbanos de Vecindario, El Doctoral, Sardina del Sur e Pozo Izquierdo (onde se celebran anualmente probas do campionato mundial de windsurf).
  • As medianías, zona de poboamento máis escaso e tamén máis tradicional.

A súa principal actividade económica é o comercio, acompañada da agricultura (tomate, flores etc., cultivados principalmente en invernadoiros), aínda que gran parte da poboación traballa no sector turístico de San Bartolomé de Tirajana ou en pequenas industrias locais (sobre todo, no veciño polígono industrial de Arinaga, pertencente ao municipio de Agüimes).

Forma unha mancomunidade municipal (Mancomunidade do Sueste) cos municipios de Agüimes e Ingenio, comarca que desde a chegada á democracia en España coñeceu un intenso desenvolvemento demográfico, económico e social.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]