Saltar ao contido

San Martiño de Grou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño de Grou
Diocese: Ourense
Arciprestado: Baixa Limia
Área: 1,22 km²
Poboación: 15 hab. (2021)
Densidade: 12,3 hab./km²
Entidades de poboación: 2

San Martiño de Grou é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense. Ten as súas terras e os seus dous lugares repartidos entre os concellos de Lobeira e Lobios[1]. No ano 2021 tiña 15 habitantes dos cales 7 eran homes e 8 mulleres[2], o que supón un descenso con respecto ao ano 2007, cando tiña 40 habitantes.

O lugar de Cabaleiros pertence ao concello de Lobeira e o do Valoiro pertence ao concello de Lobios. Limita coas parroquias homónimas de Santa Cruz de Grou, en Lobeira, e de San Mamede de Grou, en Lobios.

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa". 
  2. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2022. Consultado o 2022-04-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]