Samáridos
Samáridos Samaridae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Samariscus corallinus | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos samáridos (Samaridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue pequenos peixes planos propios das augas da rexión Indo-Pacífica.
Antigamente foron clasificados como unha subfamilia da familia dos pleuronéctidos.
A familia comprende tan só tres xéneros, cun total de case 30 especies.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes de pequeno tamaño, e só unhas poucas especies alcanzan os 15 cm de lonxitude.[2]
As súas principais características son:[3]
- Como todos os peixes planos teñen o corpo moi aplanado lateralmente e asimétrico, con ambos os ollos nun lado do corpo, chamado ocular ou pigmantado, mentres que o outro lado é o clamado lado cego.
- Nas especies desta familia o lado ocular é o dereito.
- Os raios da aleta dorsal son moi alongados, e a miúdo son libres.
- A orixe desta aleta está diante dos ollos.
A liña lateral pode estar ben desenvolvida ou presentarse moi reducida. - As aletas pelvianas están ben desenvolvidas en ambos os lados do corpo, e son simétricas.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Os samáridos so endémicos das rexións tropicais e subtropicais das augas da rexión Indo-Pacífica. Viven xeralmente en augas profundas, sobre todo sobre fondos brandos do nivel circalitoral.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita por primeira vez polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e David Kopp Goss.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense na familia os seguintes tres xéneros:[1][3][4]
- Plagiopsetta Franz, 1910
- Samaris Gray, 1831
- Samariscus Gilbert, 1905
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Samaridae Jordan & Goss, 1889 no WoRMS.
- ↑ Especies da familia dos samáridos Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en FishBase.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Samaridae. Crested flounders Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en FishBase.
- ↑ Samaridae no SIIT.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samáridos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Van der Laan, Richard; Eschmeyer, William N.; Fricke, Ronald (2014). "Family-group names in Recent Fishes" (PDF). Zootaxa (en inglés) 3882 (1): 1–230. ISBN 978-1-77557-574-0. ISSN 1175-5334. doi:10.11646/zootaxa.3882.1.1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Samaridae. Crested flounders na ADW.
- Samaridae. Crested flounders na EOL. Contén informacións, numerosas imaxes e mapas de distribuución. (en inglés)