Salgueiro nodoso
Aparencia
Salgueiro nodoso | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salix salviifolia no río Fresnedas, Val da Alcudia e Campo de Calatrava | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
ZC (Directiva hábitats)[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Salix salviifolia Brot., 1804 | |||||||||||||||||
Distribución de Salix salviifolia na Península Ibérica.
|
O salgueiro nodoso[2] Salix salviifolia é unha especie de salgueiriño da familia Salicaceae endémica do oeste da Península Ibérica. Presente en todo o sur de Galiza, especialmente nas concas do Miño e do Sil.
Descrición
[editar | editar a fonte]Arbusto de 1 a 3 m de altura. Pólas cinsentas e pubescentes.
Follas dunha largura moderada, máis ou menos elípticas ou oblanceoladas, abrancazadas. Teñen o envés cunha borralla de pelo que lle dá o aspecto abrancazado aveludado.
As franzas teñen vilosidade mesta mais curta.
Distribución
[editar | editar a fonte]É un endemismo da Península Ibérica, onde se atopa no centro e na metade oeste. Abundante no Sistema Central, Montes de Toledo, Serra Morena, Estremadura, depresión do Douro, depresión do Texo, depresión do Guadiana. En Galiza no Miño e no Sil.
- Salix cinerea auct.
- Salix oleaefolia auct. hisp.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Candea do salgueiro nodoso]]
-
Hábito do arbusto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Directiva 94/43/CEE do Consello do 21 de maio relativa á Conservación dos Hábitats Naturais e da Flora e Fauna Silvestre:Anexo II:especies protección estrita e designación de Zonas de Conservación
- ↑ Nome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; e VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Universidade de Santiago de Compostela / Deputación de Lugo
- USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. https://web.archive.org/web/20090528175836/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?406614 (13 de abril de 2008)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salgueiro nodoso |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salgueiro nodoso |