Salgueiro cabuxo
Salgueiro cabuxo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Salgueiro cabuxo con candeas masculinas | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Salix caprea' L. |
O salgueiro cabuxo[1] (Salix caprea), é unha arboriña follosa e caducifolia oriúnda de Europa e Asia central e occidental.[2] Aparece en Galiza na beira dos regueiros e ríos das montañas orientais de Lugo e Ourense.
Descrición
[editar | editar a fonte]É un arbusto ou arboriña de folla caduca, de até 6–12 m, raramente 20 m. As follas teñen 3–12 cm de longo e 2–8 cm de largo, máis largas que na maioría dos salgueiros. As flores son sedosas e suaves, prateadas, candeas de 3–7 cm de longo, que se producen a principios da primavera, antes de que aparezan as follas novas; as candeas están en plantas diferentes (dioicamente). As candeas masculinas maduras son amarelas cando ceiban o pole, as candeas femininos madurecen en verde claro. O froito é unha pequena cápsula de 5–10 mm de longo que contén numerosas sementes miudiñas, de arredor de 0,2 mm, con penacho cotonoso. As sementes cómpren dun chan despexado para xermolaren.[2][3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico e o vulgar galego e nas linguas achegadas ao galego, probabelmente derivan da primeira ilustración coñecida da especie no herbario de Hieronymus Bock que data do ano 1546, no que se amosa a planta a ser comida por un cabuxo. A especie foi usada tamén historicamente como forraxe para as cabras, que é ao que pode se referir a ilustración de Bock.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Salix caprea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1020–1021, no ano 1753.[5]
- Variedades
Hai dúas variedades:[2]
- Salix caprea var. caprea. Rexións baixas por toda a zona de distribución. Pilosidade fina por riba das follas e intensa polo envés; estípulas persistentes deica o outono.
- Salix caprea var. sphacelata (Sm.) Wahlenb. (sin. S. caprea var. coaetanea Hartm.; S. coaetanea (Hartm.) Floderus). Maior altitude, nas montañas do centro e do norte de Europa (Alpes, Cárpatos, Escocia, Escandinavia). Follas densamente pilosas por ambos os dous lados, 3–7 cm de longo; as estípulas caducan logo.
- Salix bakko KIMURA
- Salix coaetanea Flod.
- Salix hultenii Flod.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Termos Esenciais de Botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Meikle, R. D. (1984). Willows and Poplars of Great Britain and Ireland. BSBI Handbook 4. ISBN 0-901158-07-0.
- ↑ Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins. ISBN 0-00-220013-9.
- ↑ Bean, W. J. (1980). Trees and Shrubs Hardy in the British Isles. ISBN 0-7195-2428-8.
- ↑ Salgueiro cabuxo en Trópicos
- ↑ ["Salgueiro cabuxo en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 02 de novembro de 2013. Salgueiro cabuxo en PlantList]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salgueiro cabuxo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
- Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2010. Magnoliophyta: Salicaceae to Brassicaceae. 7: i–xxii, 1–797. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
- Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.