Saltar ao contido

Saduceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O saduceo era un membro dun grupo relixioso xudeu vinculado coa aristocracia sacerdotal que exercía o poder ao redor da institución do Templo de Xerusalén.

Buscaban a súa lexitimidade na descendencia de Sadoc, o sacerdote de Xerusalén que serviu aos reis David e Salomón. Esta familia controlou o templo dende a súa reconstrución ao redor do 520 antes de Cristo. Víronse desprazados do cumio do poder relixioso polos asmoneos. Co rei Xoán Hircano I recuperaron parte do seu poder afastando aos fariseos a finais do século II. Volveron perder influencia durante o reinado de Herodes para recuperala no período de goberno directo de Roma sobre Xudea cando volveron a ocupar a primacía na pirámide relixiosa, social e económica. Desapareceron coas guerras xudías e a destrución do Templo.

Defendían a supremacía e centralidade do culto e sacrificios no Templo de Xerusalén, rexeitaban a resurrección dos mortos, a existencia de anxos e espíritos e defendían a colaboración con Roma. Cinguíanse ao texto do Pentateuco sendo remisos a admitiren novas doutrinas ou tradicións. Vían aos asmoneos e herodianos como *advenedizos. Flavio Xosefo preséntaos como unha elite pragmática, mentres os Evanxeos sinópticos amósaos como inimigos da doutrina e persoa de Xesús de Nazaret. Os Feitos dos Apóstolos considéranos contrarios á predicación de Pedro e Xoán o Evanxelista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jonh P. Meier A Marginal Jew IIII, 2001.
  • Trautmann, Zeichenhafte Handlungen, 1980.
  • James D. G. Dunn Unity and Diversity in the New Testament, 1977.
  • J. Neusner, Fromm Politics to Piety, 1973.