Saab Automobile
Saab Automobile | |
---|---|
Fundación | 1945 |
Localización | Trollhättan |
Fundador | Saab AB |
Industria | automoción |
Produtos | coches |
Na rede | |
https://saabparts.com/international/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Saab Automobile foi un fabricante de coches fundado en Suecia no ano 1945 cando a súa compañía matriz, SAAB AB, comezou un proxecto para deseñar un pequeno automóbil. O primeiro modelo producido, o Saab 92, foi lanzado en 1949. En 1968 a compañía nai fusionouse con Scania-Vabis e dez anos despois lanzouse o Saab 9500, que no seu momento foi o coche mellor vendido da marca. A mediados dos 90 apareceu o novo modelo do Saab 9500.
En 1989 a división de automóbiles de Saab-Scania reestruturouse nunha compañía independente, Saab Automobile AB. O fabricante estadounidense General Motors (GM) fíxose co 50% da compañía cun investimento de 600 millóns de dólares. Durante ese período naceron dous modelos moi coñecidos, o Saab 9-3 e o Saab 9-5. No ano 2000 GM exerceu a súa opción de mercar o 50% restante por 125 millóns máis, concverténdose así Saab Automobile nunha subsidiaria de General Motors. En 2010 GM vendeu Saab Automobile AB ao fabricante neerlandés Spyker Cars N.V.[1]
Tras loitar contra a insolvencia ao longo do ano 2011, a compañía solicitou a bancarrota tras non saír adiante a compra da empresa por parte dun consorcio chinés; a adquisición foi bloqueada polo seu antigo propietario General Motors que se opuxo a tranferir a tecnoloxía e os dereitos de produción á compañía chinesa.[2] O 13 de xuño de 2012 anunciouse que unha nova compañía chamada National Electric Vehicle Sweden (NEVS) mercara a propiedade en quebra de Saab Automobile.[3]
Segundo Saab United, o primeiro NEVS Saab 9-3 saíu da liña de preprodución o 19 de setembro de 2013. O proceso de produción iniciouse o 2 de decembro dese ano,[4] inicialmente sendo o mesmo modelo de gasolina 9-3 Aero fabricado antes de que Saab entrase en bancarrota, coa intención de restablecer a cadea de produción antes de desenvolver unha nova liña de produtos NEVS-Saab.[5] NEVS perdeu a súa licenza de fabricación de coches co nome de Saab (que aínda conserva o Saab Group) no verán de 2014 e agora produce coches eléctricos baseados no Saab 9-3 pero a súa propia designacións "NEVS".[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ General Motors (ed.). "Spyker Cars Finalizes Purchase of Saab Automobile from GM". Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Saab (ed.). "Saab Automobile Files for Bankruptcy". Archived from the original on 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ SVT (ed.). "Saabs nya ägare ska anställa hundratals". Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Lönnroth, Valdemar (28 de novembro de 2013). "Lööf på plats vid Nevs "bilsläpp"". Ttela (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Fox News (ed.). "Saab restarts production". Archived from the original on 18 de febreiro de 2015. Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Automotive News Europe (ed.). "Saab carmaker NEVS granted creditor protection by court but loses right to use Saab name". Consultado o 2 de xuño de 2018.