Saltar ao contido

STS-89

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-89
Lanzamento da misión STS-89.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento23 de xaneiro de 1998, 2:48 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión8,82 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso31 de xaneiro de 1998[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1998-003A

STS-89 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 23 de xaneiro de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-89, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para acoplarse, por penúltima vez, á estación espacial Mir. A tripulación estaba formada polo comandante Terrence W. Wilcutt, o piloto Joe F. Edwards, a comandante de carga Bonnie J. Dunbar e os especialistas de misión Michael P. Anderson, James F. Reilly, Salizhan Shakirovich Sharipov e Andrew S. W. Thomas e fixo tamén varios experimentos a bordo. Durante a misión transferíronse máis de 3629 kg de equipamento científico e subministracións do Endeavour á Mir.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 31 de xaneiro de 1998 con David Wolf a bordo e deixando a Thomas na Mir.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 22 July 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-55196(E)). 4 de agosto de 1998: 13. Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018. 
  7. NASA (23 de novembro de 2007). "STS-89" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]