STS-134
STS-134 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-134 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 16 de maio de 2011, 12:56 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 15,74 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 13 de marzo de 2011[6] |
Sitio de regreso | Cabo Cañaveral |
NSSDC ID | 2011-020A |
STS-134 foi a última misión do transbordador espacial Endeavour, lanzada o 16 de maio de 2011 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-134, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Mark Kelly, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Michael Fincke, Greg Chamitoff, Andrew Feustel e Roberto Vittori.[3][5][6][7]
O Endeavour, na súa viaxe final, levou o Espectrómetro Magnético Alfa (Alpha Magnetic Spectrometer, AMS) á estación para o estudo da antimateria, así como subministracións e equipamento diverso, incluíndo antenas para comunicación en banda S, un tanque de gas de alta presión e partes de reposto para Dextre. Durante a misión se levaron a cabo catro paseos espaciais.[3][5][6][7]
O Endeavour volveu por última vez a terra en Cabo Cañaveral o 1 de xuño de 2011 ás 6:35 UTC.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 26 July 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-85737(E)). 20 de setembro de 2011: 2. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-134 / ULF-6" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-134" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (9 de xuño de 2011). "STS-134" (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-134 |