SSME
Un SSME sendo inspeccionado. | |
País de orixe | Estados Unidos[1] |
---|---|
Data | 1986-2011[1] |
Primeiro voo | 12 de abril de 1981[1] |
Fabricante | Rocketdyne[1] |
Aplicación | Motores principais dos transbordadores espaciais.[1] |
Estado | Fóra de produción[1] |
Motor de combustible líquido | |
Propelente | Osíxeno líquido[1] / Hidróxeno líquido[1] |
Taxa de mestura | 6[1] |
Configuración | |
Cámara | 1[1] |
Taxa da tobeira | 77,5[1] |
Rendemento | |
Pulo | 2278,0 kN[1] |
Pulo (nivel do mar) | 1817,4 kN[1] |
Taxa de pulo a peso | 73,1[1] |
Presión na cámara | 204,08 bares[1] |
Impulso específico | 453 s[1] |
Isp (nivel do mar) | 363 s[1] |
Tempo de acendido | 480 segundos[1] |
Dimensións | |
Lonxitude | 4,24 m[1] |
Diámetro | 1,63 m[1] |
Peso seco | 3177 kg[1] |
Usado en | |
Transbordador espacial[1] |
SSME, acrónimo de Space Shuttle main engines, e tamén denominados RS-25, é a designación dun tipo de motor foguete utilizado como motores principais dos transbordadores espaciais estadounidenses. Son os únicos motores crioxénicos reusables de alta presión e ciclo pechado que teñen sido postos en produción. Usábanse en grupos de tres na base do transbordador para propulsar o conxunto ata órbita xunto cos foguetes de propelente sólido SRB. Os SSME alimentábanse con hidróxeno líquido e oxíxeno líquido provenintes do tanque externo acaroado ao transbordador. Unha vez en órbita o tanque desbotábase e os motores permanecían no transbordador para volver a terra e ser reusados. O deseño inicial especifaba que os motores debían poder ser reusados ata dez veces sen ser inspeccionados nin desmontados, pero este obxectivo nunca se acadou, tendo que ser inspeccionados tras cada voo, encarecendo os lanzamentos.[1]
Os SSME deixaron de usarse coa retirada dos transbordadores espaciais, en 2011. Houbo un intento de mantelos en produción co proxecto de foguetes Ares I e Ares V, que nunca chegaron a materializarse. Serán usados nos voos iniciais do foguete xigante SLS.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SSME |