Saltar ao contido

SIXPAC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SIGPAC»)

O Sistema de Información Xeográfica de parcelas agrícolas (SIXPAC), é unha aplicación SIX que permite identificar xeograficamente as parcelas declaradas polos agricultores e gandeiros, en calquera réxime de axudas relacionado coa superficie cultivada ou aproveitada polo gando en todo o territorio español.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Concibiuse inicialmente para o propósito de facilitar aos agricultores a presentación de solicitudes por exemplo para a PAC, con soporte gráfico, así como para facilitar os controis administrativos e sobre o terreo, o SixPac ademais converteuse nunha ferramenta de enorme utilidade en campos diferentes do agrario (xeoloxía, infraestruturas, urbanismo...), debido á súa concepción e desenvolvemento, no que se fai uso continuo e permanente das tecnoloxías máis avanzadas en información xeográfica automatizada.

Todas aquelas persoas que non estean de acordo co contido da información que figura no Sixpac poden presentar unha solicitude de modificación acompañando a documentación acreditativa do cambio.

O sistema consta dun mosaico de ortofotos dixitais que abarcan toda España, sobre as que, inicialmente, se superpoñen os planos parcelarios de catastro de rústica, de forma que, para cada referencia concreta, o sistema proporciona automaticamente a imaxe en pantalla da parcela referenciada, permitindo así mesmo a súa impresión en papel.

En 2010 existe unha nova versión o Sixpac 5 que está desenvolvida sobre tecnoloxía SilverLight de Microsoft. As principais novidades desta versión son:

  • Amplíanse as funcións para crear novos esbozos declarativos de parcelas agrarias.
  • Incorpórase un zoom fiestra.
  • Incorporouse unha ferramenta de obtención de coordenadas.
  • Deseñouse unha árbore de capas que permite agrupalas.

O Regulamento (CE) nº 1593/2000, do Consello, de 17 de xullo de 2000, que modifica o Regulamento (CEE) nº 3508/92, polo que se establece un Sistema Integrado de Xestión e Control de determinados réximes de axuda comunitarios,[1] obriga a crear un Sistema Gráfico Dixital de Identificación de Parcelas Agrícolas, utilizando as técnicas informáticas de Información xeográfica, recomendando ademais, a utilización de ortoimaxes aéreas ou espaciais.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Entre os obxectivos máis importantes do Proxecto SIXPAC figuran os seguintes:

  • Facilitar aos agricultores a presentación de solicitudes, mediante a produción dos soportes gráficos necesarios para as declaracións de superficie.
  • Facilitar os controis administrativos xa que, a información dixital axudará á Administración a identificar mellor a orixe dos erros derivados das declaracións dos agricultores ou da gravación dos datos, e servirá de soporte documental para a resolución de casos dubidosos detectados como resultado destes controis.
  • Facilitar os controis sobre o terreo, axilizando a localización de parcelas e permitindo a realización de "visitas rápidas " tanto nos controis clásicos como de teledetección.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]