Sociedad Deportiva Huesca
Huesca | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Sociedad Deportiva Huesca, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Azulgranas | |||
Fundación | 1960 | |||
Estadio | El Alcoraz, Huesca, España | |||
Inauguración | 1972 | |||
Capacidade | 5.000 | |||
Presidente | Agustín Lasaosa | |||
Adestrador | Míchel | |||
Liga | Primeira División | |||
2019–20 | 1.º (Segunda División) | |||
Na rede | ||||
http://www.sdhuesca.es/ | ||||
| ||||
A Sociedad Deportiva Huesca é un club de fútbol de España, da cidade de Huesca en Aragón. Foi fundado en 1960 e milita na Segunda División Española[1]. Na actualidade conta con 4.100 socios. Debido á limitada capacidade do seu estadio, El Alcoraz, non é posible a admisión de novos socios polo momento. Espérase a presentación do proxecto do novo estadio proximamente.
Uniforme
[editar | editar a fonte]Viste a marca deportiva zaragozana Bemiser, que tamén viste ao CD Castellón.
- Uniforme titular: Camiseta azulgrana a franxas horizontais, pantalón azul e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta coa cruz de San Xurxo, pantalón vermello e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta azul celeste, pantalón azul celeste e medias azuis celestes.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio El Alcoraz.
Durante a tempada 1971-1972 decidiuse construír un novo campo de fútbol para o Huesca e sería o terceiro campo do equipo situado no cerro de San Jorge. No estadio de El Alcoraz celebráronse partidos moi importantes, como a final da Copa de España de Afeccionados de 1974.
Na actualidade o estadio de El Alcoraz ten unha capacidade de 5.000 persoas e ultimamente fóronse renovando algunhas partes tras lograr o ascenso a Segunda.
O campo de adestramento é a Cidade Deportiva San Jorge, cunhas dimensións de 100 x 64 m de céspede artificial.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 2
- Tempadas en 2ª: 10 (incluída a 2021/22)
- Tempadas en 2ªB: 16
- Tempadas en 3ª: 30
- Maior goleada conseguida:
- En casa: SD Huesca 11-0 Hernán Cortes CF (1994/95)
- Fora: AD Sabiñánigo 0-10 SD Huesca (1993/94)
- Mellor posto na liga: 19º (1ª División, tempada 2018-19)
- Peor posto na liga: 15º (2ª División, tempada 1952-53)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Segunda División de España (1): 2019-20
- Terceira División de España (8): 1947-48, 1949-50, 1966-67, 1967-68, 1984-85, 1989-90, 1992-93, 1993-94
- Subcampión da Segunda División (1): 2017-18
- Subcampión da Segunda División B (2): 2006-07, 2007-08
- Subcampión da Terceira División (8): 1953-54, 1962-63, 1964-65, 1975-76, 1985-86, 1994-95, 1999-00, 2002-03
- Copa Federación Rexional (2): 1993 , 2005
- Copa Rexional de Afeccionados (1): 1974
- Copa Nacional de Afeccionados (1): 1974
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Ciutat de Lleida (1): 2010
- Memorial Carlos Lapetra (1): 2010