Saltar ao contido

Eurocopter AS365 Dauphin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SA 365 Dauphin»)
Eurocopter AS365 Dauphin
Tipohelicóptero utilitario mediano
FabricanteAérospatiale, Eurocopter, Airbus Helicopters
Primeiro voo24 de xaneiro de 1975
Introducidodecembro de 1978
Produción1975-presente
Unidades construídasmáis de 1 000[1]
VariantesEurocopter HH-65 Dolphin
Eurocopter AS565 Panther
Harbin Z-9

O Eurocopter AS365 Dauphin (no presente Airbus Helicopters), tamén coñecido anteriormente como Aérospatiale SA 365 Dauphin 2, é un helicóptero multipropósito de peso medio e dous motores fabricado no presente po Airbus Helicopters. Orixinalmente foi desenvolvido e fabricado pola firma francesa Aérospatiale, que se fusionou na multinacional Eurocopter nos anos 90. Dende que entrou en produción en 1975 o modelo estivo fabricándose continuamente durante máis de 40 anos. O sucesor previsto para o Dauphin é o Airbus Helicopters H160, que debería entrar en servizo no ano 2019.[2]

O Dauphin 2 comparte moitas semellanzas co Aérospatiale SA 360, un helicóptero dun único motor que tivo un grande éxito comercial. Porén, o bimotor Dauphin 2 cumpriu coas demandas dos clientes e foi operado por unha ampla variedade de operadores civís e militares. Dende a súa introdución nos anos 70, desenvolvéronse e fabricáronse distintas variantes e versións especializadas do Dauphin 2, como o militar Eurocopter Panther, o helicóptero de rescate marítimo HH/MH-65 Dolphin, o Harbin Z-9 de fabricación chinesa, e o modernizado Eurocopter EC155.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O SA 365/AS365 Dauphin 2 é un desenvolvemento bimotor do pouco exitoso comercialmente Aérospatiale SA 360 Dauphin dun único motor; só uns poucos anos despois da entrada do SA 360 en servizo Aérospatiale recoñeceu que unha plataforma equipada con dous motores en vez dun encaixaría mellor tanto en opracións civís como en militares, así que iniciou un programa de redeseño.[3][4] En xaneiro de 1975 a primeiro Dauphin con dous motores realizou o seu voo de estrea; o prototipo alcanzou ao pouco tempo unha velocidade de 170 nós a nivel de voo e estableceu múltiples récords de velocidade, entre eles un voo entre París e Londres a unha velocidade media de 322 km/h.[4] As entregas dos modelos de produción comezarían posteriormente nesa mesma década.[3]

A variante inicial de produción entrou en servizo baixo a designación orixinal de SA 365C; a certificación francesa deste modelo obtívose en xullo de 1978.[4] En 1982 o SA 356C Dauphin deu paso ao máis capaz SA 365 N. Entre varios grandes cambios e melloras no deseño, o SA 365 N contaba con motores máis potentes, un maior uso de materiais compostos, unha mellor disposición da cabina e un tren de aterraxe retráctil.[3]

Realizáronse máis melloras coa introdución do SA 365 N1, que ten un dispositivo anti-torque Fenestron redeseñado, e co SA 365 N2, equipado cos máis potenes motores turboeixo Turbomeca Arriel 1C2.[5] En xaneiro de 1990 todo o tipo foi formalmente redesignado AS365. O AS365 Dauphin é un dos deseños máis exitosos de Eurocopter e foi amplamente usado como transporte corporativo, helicóptero policial, helicóptero para emerxencias médicas ou busca e rescate.

O Dauphin base foi posteriormente desenvolvido en distintas variantes. Durante os anos 80 o SA 365 N usouse como base para unha versión militarizada do aparello, inicialmente designada AS 365 K, usada como utilitario, transporte de tropas e operacións marítimas e coñecida como Eurocopter Panther.[5] Unha variante do Dauphin foi desenvolvida especificamente para a Garda Costeira dos Estados Unidos baixo a designación HH/MH-65 Dolphin. O modelo SA 365 M tamén foi fabricado baixo licenza na China como o Z-9 por Harbin Aircraft Manufacturing Corporation; o Z-9 foi posteriormente desenvolvido no helicóptero armado WZ-9 e no de ataque Z-19.[5]

  1. "Rotorcraft Update: Eurocopter Delivers 1,000th Dauphin". AINonline. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  2. "In-development H160 is on performance, Airbus says". Vertical. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Chant 2014, p. 353
  4. 4,0 4,1 4,2 McGowen 2005, p. 125
  5. 5,0 5,1 McGowen 2005, p. 163

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • McGowen, Stanley S. "Helicopters: An Illustrated History of Their Impact." ABC-CLIO, 2005. {{ISBN|1-85109-4