Sôber
Sôber | |
---|---|
Sôber no Asaco Metal Fest 2013. | |
Orixe | Madrid, España |
Período | 1994 - 2005 2010 - actualidade |
Xénero(s) | Rock alternativo Metal alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Zero Records Universal Music |
Membros | Antonio Bernardini Jorge Escobedo Carlos Escobedo Manu Reyes |
Antigos membros | Elías Romero Luis Miguel Planelló Alberto Madrid † |
Na rede | |
www.soberweb.com | |
Sôber é unha banda madrileña de rock alternativo formada no ano 1994. O grupo editous 8 discos de estudio, sendo o máis exitoso Paradysso, que vendeu máis de 100.000 copias gañando un Disco de Platino.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]O grupo comezou formado polos irmáns Escobedo, Carlos e Jorge, voz e baixo o primeiro e guitarras o segundo, con Antonio Bernardini tamén ás guitarras e Elías Romeu á batería. Inicialmente o grupo chamouse Sober Stoned.[1] Comezaron cantando en inglés e en 1994 gravaron a súa primeira maqueta titulada Mirror's Way, que incluía 5 temas.
A comezos de 1997 lanzaron o seu primeiro disco oficial Torcidos, sendo este un álbum auto producido. Tras este disco unha nova canción, "La Prisión del Placer", publicouse nun recompilatorio da revista Heavy Rock.
Consolidación
[editar | editar a fonte]Trala aparición na revista o grupo gravou tres temas novos, esta vez xa co nome de Sôber, nos estudios Rocksoul. A produción correu a cargo do propio grupo e de Alberto Seara. O selo Zero Records foi finalmente o que contratou ao grupo. A finais de setembro de 1998 editaron un CD-EP titulado Condenado e en 1999 comezaron unha xira polo país. Ese mesmo ano gravaron xunto con Oscar Caravel o seu segundo álbum, titulado Morfología que incluía temas como Abstinencia, Loco, Predicador ou La Prisión del Placer.
Alberto Madrid substituíu a Luis Miguel Planelló na batería no ano 2000,[2] e o grupo lanzou o maxi-sinxelo Oxígeno como anticipo do novo disco que saíu á rúa en 2001, chamado Synthesis, tamén producido por Oscar Caravel e gravado nos estudios Kirios e Eurosonic. Algunhas cancións do álbum foron Versus, Se me marcho ou Esfera, entre outras. Synthesis está considerado coma un dos mellores discos de rock alternativo gravados en España.[Cómpre referencia]
O grupo comezou a compartir carteis con outros grupos máis coñecidos coma Deftones, Dover, Hamlet ou Him entre outros, sendo considerado grupo revelación trala súa actuación no Festimad. Tras unha xira realizaron o seu cuarto traballo de estudio, Paradysso, sendo o tema principal do disco Diez Años. Foi gravado para a discográfica Universal Muxxic nos estudios Cube por Alberto Seara e foi producido na súa totalidade por Sôber. Paradysso converteuse en número un das listas de música españolas[Cómpre referencia] e chegando a ser Disco de Platino. Ao disco acompañouno unha xira con máis de 100 concertos en 2 anos.
Logo de sacar á venda o disco Backstage 02/03, no que incluían cancións do concerto da Riviera en Madrid, o grupo gravou o seu quinto disco de estudio, Reddo, que significa reflexo en latín. Foi gravado e producido por eles mesmos nos seus estudios Cube de Madrid para Universal Muxxic, aínda que posteriormente foi mesturado nos Ánxeles con Scott Humphrey, que traballou con artistas e grupos coma Bon Jovi ou Metallica entre moitos outros. As letras e a maioría dos temas deste álbum foron compostos polo seu cantante e baixista, Carlos Escobedo.
Separación e reunión
[editar | editar a fonte]Despois de máis de 10 anos xuntos os membros do grupo decidiron separarse e tomar camiños separados pero paralelos, con dous novos grupos Savia (proxecto de Carlos coa colaboración de Antonio Madrid) e Skizoo (formado polos dous guitarristas de Sôber, Antonio e Jorge), pero como resumo da súa carreira publicaron recompilatorio titulado Grandes Exitos 1994-2004 coas súas cancións máis destacadas elixidas polos propios membros do grupo.[3]
O 30 de novembro de 2006 Alberto Madrid faleceu nun accidente automovilístico na estrada M-40 de Madrid,[4] e tras 6 anos de proxectos paralelos, o 1 de xaneiro do ano 2010 a banda anunciou a súa reunión con Manu Reyes na batería e editaron o álbum De aquí a la eternidad.
Membros
[editar | editar a fonte]- Carlos Escobedo - Voz / Baixo
- Jorge Escobedo - Guitarra
- Antonio Bernardini - Guitarra
- Manu Reyes - Batería
Antigos membros
[editar | editar a fonte]- Elías Romero -Batería (1994-1998)
- Luis Miguel Planelló - Batería (1998-1999)
- Alberto Madrid † - Batería (1999-2005)
Discografía
[editar | editar a fonte]- Torcidos (1997, coma Sôber Stoned)
- Morfología (1999)
- Synthesis (2001)
- Paradÿsso (2002)
- Backstage 02/03 (2003)
- Reddo (2004)
- Grandes Éxitos 1994-2004 (2005)
- De aquí a la eternidad (2010)
- Superbia (2011)
- Letargo (2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escobedo, Carlos. "Personales: CARLOS ESCOBEDO Voz y Guitarra". Savia.ws. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2010. Consultado o 1 de xaneiro de 2010.
- ↑ Ligüebilis, Joris. "Biografía Alberto Madrid (6 de Xuño de 1971)". AlbertoMadrid.net. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 01 de xaneiro de 2010.
- ↑ "SÔBER: Grandes Éxitos 1994-2004". UniversalMusic.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Muere Alberto Madrid, batería de Savia, en un accidente de tráfico". Los40.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 01 de xaneiro de 2010.