Síndico de Arán
O Síndico de Arán (en aranés: Sindic d'Aran) é o xefe da administración propia do Val de Arán, en Cataluña, creado por mor da lei 16/1990 de 13 de xullo, sobre o Réxime Especial do Val de Arán. Convoca e preside o Consello Xeral de Arán (en aranés: Conselh Generau dera Val d'Aran), ten a representación legal e exerce todas as atribucións que o pleno lle delega e que non corresponden a este último. É o presidente nato de todos os órganos colexiados e das sociedades e empresas dependentes do Consello.
Competencias
[editar | editar a fonte]- Representar ao Consello Xeral.
- Convocar as sesións do Consello Xeral e fixar a orde do día, na que se ha de incluír os informes da Comisión de Oíntes de Contas e, se é necesario, as propostas dos órganos competentes.
- Presidir as sesións do Consello, moderar os debates e dirimir os empates con voto de calidade.
- Delegar as súas funcións nos Conselleiros cando o crea pertinente.
- Exercer a dirección superior do persoal.
- Presidir poxas e concursos.
- Ordenar os pagos.
- Impulsar e supervisar a actividade dos diferentes órganos do Consello e dos servizos da súa competencia.
- Velar polo cumprimento das leis e os regulamentos no territorio do Val de Arán.
- Exercer accións xudiciais e administrativas en caso de urxencia.
- Ordenar a publicación de acordos do Consello Xeral.
- As que lle atribúan as Leis ou as que expresamente lle delegue o Pleno do Consello Xeral.
- Calquera outra que non estea reservada ao Pleno Xeral.
Elección
[editar | editar a fonte]O síndico é elixido os Conselleiros Xerais, entre eles, na sesión constitutiva do Consello Xeral. Para ser elixido Síndico, o candidato ten que obter a maioría absoluta na primeira votación ou a maioría simple na segunda. En caso de empate, procédese a unha terceira votación e se nesta se repite o empate é elixido o candidato do partido, a coalición, federación ou agrupación que obtivese máis Conselleiros Xerais. Se persiste o empate, elíxese o candidato do grupo que máis votos obtivese no conxunto do Val de Arán.
Síndicos
[editar | editar a fonte]Nº | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Maria Pilar Busquets i Medan | 17 de xuño de 1991 | 12 de xullo de 1993 | CDA-CiU |
2. | Amparo Serrano Iglesias | 12 de xullo de 1993 | 7 de xuño de 1995 | UDA |
3. | Carlos Barrera Sánchez | 7 de xuño de 1995 | 18 de xuño de 2007 | CDA-CiU |
4. | Paco Boya i Alós | 18 de xuño de 2007 | 18 de xuño de 2011 | UA-PSC |
5. | Carlos Barrera Sánchez | 18 de xuño de 2011 | 18 de xuño de 2019 | CDA-CiU |
6. | Paco Boya i Alós | 18 de xuño de 2019 | 29 de outubro de 2020 | UA-PSC |
7. | Maria Vergés Pérez | 29 de outubro de 2020 | actualidade | UA-PSC |