Século -XV
Aparencia
século XVI adC < século XV adC > século XIV adC
O século XV antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1500 a.C. e terminou o 31 de decembro de 1401 a.C.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- Arredor do 1500 a.C.: Estímase o fundación da cultura Olmeca, considerada a cultura nai de Cem Ānáhuac.
- Arredor do 1500 a.C.: esplendor da civilización exea.
- Arredor do 1500 a.C.: en Afganistán e Paquistán, varios séculos despois do declive da Civilización do val do Indo, os poetas das Linguas indoarias compoñen o Rig-veda (o texto máis antigo da India), que tomará a súa forma actual cara ó 1100 a.C.
- Arredor do 1500 a.C.: en Afganistán ou en Paquistán líbrase a batalla dos Dez Reis, mencionada no Rig-veda.
- 1500 a.C.: na Península Ibérica fúndase El Argar. Relacións atlánticas: tesouros.[1]
- 1504-1492 a.C.: Exipto conquista Nubia e o Levante.
- 1497 a.C.: Cránao, lendario rei de Atenas, é deposto despois dun reinado de dez anos polo seu xenro Anfictión de Tesalia, fillo de Deucalión e Pirra.
- H. 1492 a.C. (pode ser de 1493 a.C.): morre Thutmose I (XVIII dinastía exipcia).
- 1492 a.C. (3 de abril): sucede o 37 saros lunar.[2]
- 1473 a.C.: en Exipto, comeza o mandato da faraona Maatkara-Hatshepsut (ata 1458 a.C.).
- 1457 a.C. (9 de maio): en [Megiddo]], as forzas do faraón exipcio Thutmose III derrotan a unha coalición Canaanita liderada polo rei de Qadesh, na batalla de Megido. É a primeira batalla que se rexistrou con detalles considerados fiables. (Tamén puido ocorrer en 1479 a.C.)
- 1450 a.C.: o volcán da illa Santorini entra en erupción no mar Mediterráneo. Barre a illa de Creta.
- 1450 a.C.: nos montes Ciminos (a uns 60 km ao noroeste da actual Roma) 35°30′N 35°18′L / 35.5, 35.3, un terremoto de X graos (do I ao XII) na Escala Mercalli "traga" unha aldea etrusca, e aumenta o tamaño de Lago Vico. Descoñécese o número de mortes.[3]
- En Exipto reina Amenofis II.
- 1420 a.C.: Creta é conquistada por Micenas. comeza o período micénico.
- 1410 a.C.: no mar Mediterráneo, a illa de Creta é arrasada pola erupción do volcán da illa Santorini.
- 1408 a.C.: en Exipto, probable comezo do reinado do faraón Amenofis II.
- 1400 a.C.: en Creta, o Palacio de Minos é destruído por un incendio.
- 1400 a.C.: os asirios vólvense moi poderosos ao expulsar aos hurritas.
- 1400 a.C.: en Hattusa, "sobre a moderna cidade de Bogazkoy (Turquía), constúese a Porta do León.
- 1400 a.C.: na China amplíase a dinastía Shang.
- Tebas, capital de Exipto convértese na cidade máis grande do mundo, superando a cidade de Menfis.
Persoas relevantes
[editar | editar a fonte]- Thutmose III, faraón da XVIII dinastía exipcia (1503-1426 a.C.).
- Thutmose II, faraón exipcio (h. 1493 - h. 1479 a.C.)
- Amenofis II, faraón exipcio (1427-1401 a.C.).
- Shuttarna I, rei Mitani.
- Telepinu, rei hitita.
- Hatshepsut, raíña exipcia.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Páx. 144 de La España de Altamira, "Historia de España 1", Historia 16, Temas de hoy, 1995, ISBN 84-7679-275-1 (obra completa).
- ↑ "Eclipse lunar do 1492 a.C.". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2004. Consultado o 05 de abril de 2004.
- ↑ "Terremoto de Italia do 1450 a.C.". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2011. Consultado o 05 de xullo de 2011.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XV |