Saltar ao contido

Ruta comercial do Volga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa que mostra as principais rutas comerciais varegas: a ruta comercial do Volga (en vermello) e a ruta comercial dos varegos aos gregos (en violeta). Outras rutas comerciais dos séculos VIII-XI mostradas en laranxa.

Na Idade Media, a ruta comercial do Volga conectaba o norte de Europa e o noroeste de Rusia co mar Caspio e o Imperio Sasánida, a través do río Volga.[1][2] Os rus utilizaron esta ruta para comerciar cos países musulmáns nas costas sur do mar Caspio, ás veces penetrando ata Bagdad. Os poderosos búlgaros do Volga formaron unha confederación seminómade e comerciaron polo río Volga cos viquingos de Rus' e Escandinavia (suecos, daneses, noruegueses) e co sur do Imperio Bizantino.[3] Ademais, a Bulgaria do Volga, coas súas dúas cidades Bulgar e Suvar ao leste do que hoxe é Moscova, comerciaba cos rusos e cos ugors, vendedores de peles.[3][4] O xadrez foi introducido na Rus medieval a través das rutas comerciais do Caspio-Volga dende Persia e Arabia.[5]

A ruta funcionaba ao mesmo tempo coa ruta comercial do Dniéper, máis coñecida como a ruta comercial dos varegos aos gregos, perdeu a súa importancia no século XI.

  1. "Parthian and Sasanian periods". iranicaonline.org. Consultado o 2019. 
  2. Squitieri, Andrea (2018). Revolutionizing a World : From Small States to Universalism in the Pre-Islamic near East. UCL Press. ISBN 9781911576648. OCLC 1050964552. 
  3. 3,0 3,1 "Bulgar people". britannica.com. Consultado o 2019. 
  4. Winroth, Anders (2014). The Conversion of Scandinavia: Vikings, Merchants, and Missionaries in the Remaking of Northern Europe. ISBN 9780300205534. OCLC 857879342. 
  5. "History of Chess". .nejca.co.uk. Consultado o 2019.