Saltar ao contido

Rustenburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRustenburg
Imaxe

Localización
Mapa
 25°40′00″S 27°14′01″L / -25.6667, 27.2336
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirNoroeste (Suráfrica)
Distritos municipais da África (pt) TraducirBojanala Platinum District Municipality (en) Traducir
Municípios locais da África (pt) TraducirRustenburg Local Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Xeografía
Superficie282,42 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.170 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1851 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
27 de decembro de 1880Siege of Rustenburg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal0299 e 0300 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico014 Editar o valor en Wikidata

Páxina webrustenburg.gov.za Editar o valor en Wikidata
Rúa de Rustemburg.

Rustenburg (do afrikaans: cidade de descanso) é unha cidade de 395.761 habitantes (censo nacional de 2001) situada ao pé das serras Magaliesberg na Provincia do Noroeste en Suráfrica. Preto da cidade están as dúas minas de platino máis grandes do mundo e a refinaría de platino máis grande do mundo, PMR (Precious Metal Refiners: Refinarías de Metais Preciosos), que trata ao redor do 70 % do platino do mundo.

A cidade foi establecida en 1851 como un centro administrativo dunha zona fértil agrícola-gandeira, que produce cítricos, tabaco, cacahuete, sementes de xirasol, millo, trigo e gando. O 10 de febreiro de 1859, foi fundada a igrexa reformada neerlandesa en Rustenburg. Xusto no noroeste da cidade, o Presidente da República de Transvaal, Paul Kruger, comprou unha granxa de 5 km² en 1863.

Entre os primeiros residentes de Rustenburg estaban poboadores da orixe india. Unha das primeiras familias de orixe india foi a familia Bhayat, cuxa contribución á historia da cidade atópase marcada ao trocar o nome da súa rúa principal como Rúa Fatima Bhayat. Fatima Bhayat e o seu marido Abubakr Ahmed Bhayat, os primeiros residentes da orixe india, posuíron unha ferraxaría que forneceu o equipo a crédito a Paul Kruger durante a Segunda Guerra Anglo-Boer, polo que foron recompensados máis tarde con ouro.

Sede do Mundial de fútbol de 2010

[editar | editar a fonte]

Rustenburg foi unha das cidades escollidas para ser sede da Copa do Mundo de 2010. O Royal Bafokeng Stadium, que foi unha das sedes da Copa do Mundo de Rugby de 1995, será reformado e terá capacidade para 40.000 espectadores para a primeira e a segunda fase da copa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]