Saltar ao contido

Russell Means

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRussell Means

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Reserva india de Pine Ridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 2012 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Porcupine, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófago Editar o valor en Wikidata
EducaciónSan Leandro High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActor, Activismo, política, Actuación, música e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, actor de dobraxe, actor de televisión, activista pola paz, activista político, político, autobiógrafo, actor de cinema, músico, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Libertario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
FillosTatanka Means Editar o valor en Wikidata
IrmánsLorelei DeCora Means Editar o valor en Wikidata

Páxina webrussellmeans.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0575184 Allocine: 15717 Allmovie: p48143
BNE: XX5260031 Musicbrainz: ee075709-ed22-41f8-ab9c-920d7ed0df71 Discogs: 1923100 WikiTree: Means-2540 Find a Grave: 99389833 Editar o valor en Wikidata

Russell Charles Means, nado o 10 de novembro de 1939 na Reserva india de Pine Ridge e finado o 22 de outubro de 2012 en Porcupine, foi un actor, músico e activista político síux, tamén coñecido en lingua lakota como Oyate Wacinyapi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Russell Means nado en Wanblee, Dacota do Sur, nunha comunidade que se atopa no Reserva india de Pine Ridge, é fillo de Theodora Feather e Harold "Hank" Means. Foi bautizado como Oyate Wacinyapin, que en lakota quere dicir "traballa para a xente". Os seus pais eran os dous síux Oglala.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Means comeza a súa carreira como actor en 1992, encarnando ó xefe Chingachgook en O derradeiro dos mohicanos, un filme dirixido por Michael Mann. A partir de entón aparece en filmes como Asasinos natos, Into The West ou Pathfinder. En Pocahontas, presta a súa voz para o personaxe do pai, o Xefe Powhatan. Tamén a prestou para o videoxogo Under A Killing Moon.

Activismo

[editar | editar a fonte]

En 1968 uniuse á American Indian Movement (AIM) unha organización que loita polos dereitos dos indios americanos, e rapidamente converteuse nun dos seus líderes. En 1969, uniuse a un grupo de nativos da organización Indians Of All Tribes (IOAT) para ocupar a illa de Alcatraz durante 18 meses[1][2] e, ao ano seguinte, converteuse nun dos líderes da organización. Máis tarde ese ano, Means foi un dos líderes da ocupación do monte Rushmore por parte de AIM. En 1972, participou na ocupación AIM da Oficina de Asuntos Indios en Washington, e en 1973 dirixiu a ocupación de Wounded Knee, que foi a acción máis famosa do grupo.[3]

Retratos de Warhol

[editar | editar a fonte]

Andy Warhol pintou dezaoito retratos de Russell Means na súa serie de indios de América. O instituto de arte de Dayton ten un deses cadros.

  1. Treuer, David (20 de novembro de 2019 [actualizado o 21 de novembro de 2019]). "How a Native American Resistance Held Alcatraz for 18 Months". nytimes.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2024. 
  2. "Occupation of Alcatraz (November 1969 – June 1971)". muscarelle.wm.edu (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2024. 
  3. Redacción (9 de febreiro de 2010). "AIM occupation of Wounded Knee begins". history.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]